Iniciar sesión: Acceso

Traballo para o xoves 23 de abril

 Bo día rapaces e rapazas! Que tal estades?

Xa vin as vosas respostas no documento de onte, polo tanto agora xa sabedes que son os Google Doodle e que onte celebramos o día da Terra. A ver se de aquí a que remate o curso volvedes ver outro Google Doodle e mo facedes saber.

Este é o traballo que vos traio para hoxe.

Matemáticas: lembrades as competicións que faciamos por equipos na clase? Un dos retos que tiñamos era facer o máis rápido (e mellor posible) series de números.

 Por exemplo: serie de 3 en 3 empezando por 10: 10, 13, 16, 19....

 Pois iso é o que imos practicar hoxe. Déixovos unha ficha.

 Series decrecentes

  Series crecentes

 Como non temos este contido específico en Snappet, hoxe actívovos restas con levadas.

 

Lingua: como ides coa actividade para o día do libro? Xa me empezaron a chegar fotos e audios e están xenial! As portadas son case idénticas! De verdade que tedes moitísima creatividade.

 

Ciencias Sociais: acordádesvos que polo día da muller fixemos unhas composicións moi chulas pensando nos superpoderes das nosas mulleres favoritas? Pois hoxe imos sacar os nosos. Sei que todos e cada un de vós sodes moi bos en máis dunha cousa, pero quero que pensedes en que é aquilo que mellor se vos da. Déixovos nun documento a descrición da actividade.

Fichas

 Conversa cos compañeiros

Actualizo as direccións de correo das mestras:

Música (Silvia): musicacercio@gmail.com
Educación Física (Rita): educacionfisicacercio@gmail.com
Inglés (Mar): inglescercio@gmail.com
Audición e Linguaxe e Pedagocía Terapéutica (Alba): alptcercio@gmail.com

 

Pasade unha boa tarde!

  

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais