Iniciar sesión: Acceso

Traballo para o venres 17 de abril

Bo día!

Estou recibindo todas as vosas mensaxes e teño que darvos a noraboa de novo por todo o traballo que estades a facer coa axuda das vosas familias. Neste caso en concreto felicitarvos polos vosos abecedarios, quedáronvos xenial!

Tamén quería recordar que todas as tarefas que vos concreto diariamente son propostas diversas para facilitar a súa realización por parte do alumnado.  Non é unha obriga facer todos os días todas as actividades dixitais xunto coas fichas e as creacións, e  as que fagades non é necesario que sexa no mesmo día, non pretendo que vos sintades desbordados, se non que contedes con recursos suficiente. Cada un podedes seleccionar aqueles que máis se acheguen ás necesidades e aos medios con que contades nas vosas casas.

 Dito isto, aquí vai a última tarefa da semana:

 

En matemáticas e lingua faremos unha actividade integrada para aprender a organizar o noso tempo, relacionando os contidos da axenda e das horas. Os expertos din que nesta época de corentena o mellor para o noso corpo e a nosa mente é ter unha rutina, por iso vos propoño que pensedes e que organicedes o que faredes cada día a partir do luns. Tedes que escribir un horario coas actividades que ides realizar dende que vos levantades ata que vos deitades, por orde. Pensade que tedes que incluír momentos para o traballo, para o xogo, para descansar, para axudar na casa… Ao lado de cada actividade pídovos que escribades de que hora a que hora a faredes (con número e con letra).

 

Sociais: acordádesvos do que era unha localidade, das diferencias entre as cidades e o rural ou como estaba organizado o concello? Pois iso é o que imos repasar hoxe.

 Explicación e xogos. Tipos de localidades: pobos e cidades

 A localidade

 As eleccións municipais

 

Ciencias da natureza: hoxe plantéxovos unha actividade manipulativa para repasar os osos. Primeiro, tedes que repasar os seus nomes e o das articulacións na ficha que vos comparto máis coa canción que aprenderamos na clase (que vola deixo máis abaixo). 
 Despois, tedes que reconstruír un esqueleto humano, incluíndo todos os osos vistos. Podédelo facer con bastoncillos, con pauíños, con palillos (podédeslle poñer o nome con anaquiños de papel).

 Aquí tedes algunha idea: osos

Canción

Lengua: remataremos un día relaxándonos un pouquiño con este audioconto relacionado con África para seguir coñecendo algo máis a cultura deste continente.

 Ganó el más listo 

  

Déixovos actividades en matemáticas, lengua e lingua en Snappet e dúas fichas: unha de ciencias sociais e outra de naturais.

 

Ah! Case se me esquecía, pídovos que esta fin de semana pensedes (se non o sabedes) en cal é o voso libro favorito e o volvades a ler para unha actividade que faremos para o día do libro.

Fichas

Conversa cos compañeiros e compañeiras

Ata luns!

 

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais