Iniciar sesión: Acceso

Traballo para o mércores 15 de abril

Ola nenos e nenas!

Agardo que hoxe estedes moi ben, xa nos queda un día menos.
Aquí vos deixo o traballo para hoxe.

 

Matemáticas: Imos repasar os números ordinais, que eran aqueles que nos servían para ordenar elementos.

 Explicación

 En que posición quedaron?

 Escribe o posto no que quedaron

 Relaciona cada número co seu ordinal  

  

Lengua: non me lembro se este ano xogamos na clase ao tutifruti. Esa é a actividade que vos propoño para hoxe. Imos traballar con isto as categorías gramaticais: nome propio, común, individual, colectivo e adxectivo.

 Aquí vos deixo a ligazón para completalo entre todos. Cada un ten que escoller dúas letras do abecedario e buscar para todas as categorías de palabras que empecen por esa letra (déixovos un exemplo). Podedes xogar na casa nun folio coas vosas familias a ver quen o fai máis rápido.

Tutifruti: categorías gramaticais

 

Lingua: en lingua imos repasar o abecedario e a orde das palabras. Póñovos un vídeo cunha canción para que o recordedes, lembrade que non todas as letras do abecedario en castelán as temos en galego e que aquí o nome das letras e masculino.

Canción 

 Actividade: Pídovos que creedes o voso propio abecedario pero que o fagades dunha maneira diferente: con recortes ou con obxectos que teñades pola casa (atendendo á letra pola que empeza a palabra), como o deste exemplo: alfabeto

 Despois, tedes que seleccionar polo menos cinco obxectos da vosa casa que comecen pola mesma letra e ordenalos segundo o alfabeto (podedes sacar unha foto indicando o número ordinal que corresponde a cada un -1º,2º,3º…-). Acordádevos que cando dúas palabras empezan pola mesma letra, temos que mirar a segunda, e así sucesivamente. Tedes a explicación aquí 

No primeiro exercicio da ficha de lingua non hai que completar con información do libro, simplemente hai que poñer o que sabemos que é o abecedario: o conxunto ordenado de letras.

 

Ciencias da natureza: hoxe converterémonos en científicos outra vez para conmemorar o día da saúde, que foi o 7 de abril. Nesta actividade comprobaremos que lle pasa a comida cando a tocamos coas mans. Tedes nun arquivo a explicación.

 

Fichas de hoxe aquí e tedes actividades para matemáticas, lengua e lingua en Snappet.

Déixovos todos os días aquí a ligazón ao documento de onte por se queredes dicirlle algo aos compañeiros e compañeiras:

Documento para falar cos compañeiros e compañeiras

 

Un saúdo. Ata mañá

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais