Iniciar sesión: Acceso

3º trimestre. Traballo para o martes 14 de abril

Ola! 

Despois dunha semaniña de merecido descanso, hoxe toca volver a traballar. Tiñades ganas? Estou segura de que o que si que quereredes é ir ao cole para poder vernos de novo.

Para comezar coas materias que nos tocan hoxe, e para poder saber uns dos outros, dende lengua imos compartir o que fixemos nestes días. Creei un documento no que todos podemos escribir e ver o que van escribindo os demais. Polo tanto, podédesvos preguntar cousas e responder ao que vos din os vosos compañeiros, vale?

Ao ser unha tarefa de lengua, pídovos que a fagades en castelán.

Tarea: ¿Qué tal de Semana Santa?

 

En matemáticas, antes de mirar os últimos 100 números que nos quedan ata chegar ao 1000 (mil), imos repasar ata o 899 (que é o que viramos na clase). 

Explicación

 Aprende

 Números 200 al 500

 Anterior y posterior 600-700

 Números 300-800

  

Finalizaremos con lingua. Agardo que nesta semana de vacacións estiverades lendo todos os días. Seguro que cando volvamos vexo que todos mellorastes un montón. Póñovos hoxe un conto que seguro que vos vai encantar! Despois prepareivos unhas preguntiñas, así que... as orellas ben abertas! Se non vos acordades de algo, volvede ao vídeo para buscar a resposta.

 Conto: A casa da mosca chosca

 Preguntas de comprensión

  

Seguindo a liña de traballo de antes de vacacións, tedes para mates e para lingua actividades en fichas (aquí) e en Snappet.

 

Como sempre, estou á vosa disposición en segundocercio@gmail.com.

  

Pasade unha boa tarde.

 

 

 

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais