Iniciar sesión: Acceso

VENRES 3 DE ABRIL DE 2020

Ola, 

Xa é venres, e rematamos a semana con actividades de comprensión e expresión nas linguas. Recordaremos as fábulas e como se escribía unha carta...En CC. da Natureza recordaremos os seres que formaban un ecosistema e elaboraremos unha maqueta (con material de refugallo que teñamos pola casa). Seguro que quedan chulísimos! En 3º recordaremos os elementos dunha localidade, mentres que en 4º remataremos o repaso de matemáticas recordando os números decimais e as fraccións.

Ata o martes 14 non volvemos ao traballo, polo que tedes uns días para 'desconectar', e que mellor maneira que aproveitar a ler. Aquí vos deixo uns enlaces para escoitar contos que vos poden resultar de interese...

https://www.youtube.com/channel/UCEfA7SyrMlfXAXF_-tp1uVQ

https://www.youtube.com/watch?v=BU6ggIVhpts 

Espero que pasedes unha boa semana!!

 

TAREFAS: https://drive.google.com/open?id=1AG2FQDURUIEDfnaDdePjcKcCbOrnw8k_

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais