Iniciar sesión: Acceso

Traballo para o mércores 1 de abril

Bo día!

Como estades a levar a semana? Xa imos pola metade!

Os traballos que ides ver hoxe son os de Arts da semana pasada (os do landscape), máis un debuxo que nos fixo Nerea e o audio das poesías (en lingua).

Landscapes 

Isto é o que imos repasar hoxe:

 

Matemáticas: traballaremos sobre o sistema monetario.

 Coñecer os billetes, contar e mercar

 Equivalencias entre moedas e billetes

Moedas e billetes

 

Lengua: acordádesvos de como era a canción que aprendimos sobre “mp, mb”? Tédea presente para facer unhas actividades sobre isto.

 Aforcado

 Palabras mal escritas

 Localizar palabras

 

Lingua: en lingua primeiro imos escoitar os vosos poemas. Fixéstelo todos realmente ben! Despois, como sei que vos encanta, déixovos un trabalinguas un pouquiño máis longo do que estamos acostumados (pero ten audio para que o poidades escoitar). 

Audio Día da poesía

 Trabalinguas

 

Ciencias da natureza: para esta materia propóñovos unhas manualidades para que repasedes dun xeito divertido o aparato respiratorio, o circulatorio e o dixestivo (podedes escoller só unha). Tédelo explicado nun documento.

 Aquí vos deixo uns breves vídeos a modo de introducción e repaso antes de facer a manualidade:

 Aparato respiratorio  

Aparato circulatorio  

Aparato dixestivo

 

 Actívovos as actividades en Snappet e aquí tedes os materiais: Fichas

 

Boa tarde!

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais