Iniciar sesión: Acceso

Traballo para o xoves 26 de marzo

Bo día! Antes de nada quería agradecervos toda a comunicación destes días, e todos os traballos e debuxos que me ides enviando. Hoxe comparto con vós estas cousas tan chulas fixeron Álvaro e Hugo, encántanme!

 

    

 

A proposta para hoxe é a seguinte: 

Lingua: o sábado foi o día da poesía e, por iso (como sei que vos encanta ler poemas), gustaríame que escollerades un que vos guste (pode ser de Rosalía de Castro ou doutro autor galego) e que vos gravarades nun audio. Ao igual que o facemos na clase, primeiro lémolao varias veces en silencio e en baixiño para practicar a entoación e despois xa o facemos en alto.

 Se vos animades e podedes, agraderíavos que mas enviarades para compartilas con vós e que vos escoitarades uns aos outros.

 Aquí tedes algúns poemas: https://www.xuliocs.com/Esquisa/cancgalgs.htm

 

Ciencias Sociais: en ciencias imos dar un paseo polos oito planetas do sistema solar. Seriades capaces de dicir os seus nomes ordenados segundo a distancia á que se atopan do sol antes de ver o vídeo?

 https://www.youtube.com/watch?v=pS7p6FfU4bE&t=139s

 Unha vez o fagades, por que non facemos unha pequena maqueta do sistema solar? Sei que non temos moitos materiais, por iso vos pido que sexades o máis creativos posibles. En vez de facer un debuxo podemos facelos con pedras ou tapóns pintados, un móbil… Acordádevos de ordenalos correctamente, e de que Plutón xa non se considera un planeta.

 Aquí tedes algunhas imaxes para que collades ideas:

 https://www.pinterest.es/pin/491455378090526274/

 https://www.pinterest.es/pin/450571137710685587/

 https://www.pinterest.es/pin/628392954234783832/

 Podedesme mandar fotos do resultado!

 

Matemáticas: para rematar, en mates, traballaremos o sentido da multiplicación. Aquí tedes uns xogos, unha ficha e actividades en Snappet.

 Explicación: http://www.primerodecarlos.com/SEGUNDO_PRIMARIA/tengo_todo_4/root_globalizado5/ISBN_9788467808810/activity/U03_104_01_AI/visor.swf

Xogos: 

http://ntic.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/mem2008/matematicas_primaria/numeracion/operaciones/ilustramulti.swf

 http://www.primerodecarlos.com/SEGUNDO_PRIMARIA/tengo_todo_4/root_globalizado5/ISBN_9788467808810/activity/U03_104_02a/visor.swf

  

Agardo que todos estas propostas sexan de utilidade. De novo, se precisades algo a maiores facédemo saber.

Ficha

 Pasade un bo día!

 

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais