Iniciar sesión: Acceso

EDUCACIÓN FÍSICA (TERCEIRO - CUARTO)

Bos días, como van eses xogos?practicastedes algún? Espero que este días os levedes ben, hoxe propóñovos outros xogos que podedes realizar coa familia ou en competición con eles, deste xeito seguro que vos divertides todos ademais de facer un pouquiño de exercicio. Moito ánimo.

·    A trainera. Oxectivo: Desenvolver a coordinación en diferentes desprazamentos a través de xogos locomotores. Este xogo pódese xogar de un so ou en fila de varios. Trátase de colocarse sentados coas pernas flexionadas, se somos mais de un terémonos que agarrar da cintura do de adiante. Trátase de desplazarse cara atrás arrastrando o cu, gañando o que primeiro chegue a unha marca delimitada previamente.

·   Carreira de zapatóns. Obxectivo: Desenvolver a coordinación en diferentes desprazamentos a través de xogos locomotores. Para este xogo podedes utilizar papel de periódico ou un trozo de cartón para cada pé. Colocamos o papel de periódico no chan e un pé enriba de cada papel e trátase de avanzar ata unha liña delimitada arrastrando os pés co papel sen que nos quede atrás.

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais