Iniciar sesión: Acceso

Traballo para o martes 24 de marzo

 Ola! preparados para o día de hoxe? Isto é o que pensei para facer:

En lengua imos viaxar ata Madrid a visitar o Museo do Prado, pero ímolo facer virtualmente. Unha vez aí podedes ver todos os cadros, debuxos e esculturas. Cada vez que entredes nun deles tedes que dicir un adxectivo da paisaxe, persoas, animais, obxectos, ou o que sexa que estea na obra. Lembramos que os adxectivos son palabras que nos din COMO son as persoas, animais, cousas… Acordádevos! Palabras, non oracións.

Cando rematemos imos escoller o que máis nos gustou e describilo oralmente en castelán.              

 https://www.museodelprado.es/coleccion

 

Matemáticas: hoxe repasaremos os números pares e impares, déixovos uns xogos, fichas e actividades en Snappet. 

 

Lingua: como non hai moitos recursos en galego na rede, para repasar os contidos específicos estou eu a crear actividades en jclic. Para poder acceder a elas tedes que descargarvos o programa Jclic (poño un documento cos pasos) e, unha vez o fagades, abrir dende el o arquivo que vos tedes que descargar desde este enlace (chamado “Vocabulario sobre edificacións, materiais e Polo Norte)”:

https://drive.google.com/file/d/1n3U5bEdoB0MQWPpgIDPHF08LVa9wDPYa/view?usp=sharing

Polo tanto, este vocabulario é o que imos traballar. A maiores déixovos actividades en Snappet.

 En lugar de facer unha ficha, propóñovos facer un mural con (imaxes ou con debuxos) acerca dos oficios tradicionais. Para iso teredes que investigar un pouquiño sobre eles (muiñeiros, palilleiras, canteiros, redeiras e afiadores…). Cando o rematedes, se queredes podédeslle sacar unha foto e mandarmo por correo!

Fichas

Que teñades un bo día!

 

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais