Iniciar sesión: Acceso

Martes 9 de xuño

Bos días, rapazada!

Isto non para e, como xa temos ganas de rematar a nosa frase secreta, aquí vai unha nova entrega. Veña, veña que xa queda menos! https://drive.google.com/file/d/1iyNz7DlC33vzj4-zZjNXdXXLyRnStBaW/view?usp=sharing

Como sabedes estes días estivemos traballando sobre a emigración galega, un drama de miseria do que moitas persoas loitaron por saír, marchando da súa terra. Iso fíxome pensar en que, esa situación non rematou, no mundo continúa habendo millóns de persoas que viven na miseria e que pretendes escapar dela. É urxente que coñezamos as súas historias. Son persoas como nós... podemos continuar mirando cara outro lado? Hoxe o meu invitado é un inmigrante que, ademais de superar a travesía polo mar Mediterráneo, fundou unha ONG para conseguir que ninguén máis teña que pasar polo que el pasou. Agardo que vos guste! Despois de ver o vídeo facede as actividades, iso si, poñendo a funcionar a cabeza e reflexionando con calma sobre a temática. https://drive.google.com/file/d/1zIPTaAkjbfvShhoH_NjbPcU-Hjdqe1km/view?usp=sharing . Aquí tedes o vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=RYxfctcEbm4

Moito ánimo! Ata mañá!

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais