Iniciar sesión: Acceso

Traballo para o venres 5 de xuño

 Bo venres!

 Rematamos a semana vendo estas obras de arte tan xeniais que fixestes co conto da bruxa. Bruxa matemática con materiais da natureza.

 

Matemáticas: hoxe imos repasar sumas e restas. Déixovos aquí uns xogos, e tedes actividades en Snappet.

 Supersaber (tedes que gañar a super Pi nunha carreira de sumas e restas).

 Aquí tedes un montón de xogos, entre eles de sumas e restas con levadas.

 

Lengua e ciencias da natureza: Esta semana aprendemos en lengua un montón sobre os xogos de antes e as súas cancións e, para rematar de traballalos, hoxe imos facer un xoguete. Ademais, hoxe é o día do medio ambiente e, que é o mellor que podemos facer para coidar o planeta? Seguir a regra dos tres R (reducir, reciclar e reutilizar), por iso aquí vos deixo tres propostas de xogos para que reutilicedes obxectos que teñades pola casa e que xa non vos sirvan.

 

Zancos

 

Zoadeira

 

 

Ou, o máis sinxelo de todos: podédesvos facer uns bolos cunhas botellas ou latas e unha pelota.

 Déixovos aquí dous vídeos e unhas actividades sobre o entorno para que repasedes antes de poñervos como voso xoguete tradicional reciclado.

 Coidemos o noso planeta

As tres R

El entorno (actividades para 1º e 2º de primaria)

 

Lingua: vistes que chulo vos quedou onte o conto de lingua? Eu tamén fixen o meu aporte! A actividade para hoxe é a de practicar a lectura dese conto e gravarse léndoo. Despois, facede un debuxo da parte que escribistes ou, se non fixestes ningunha, facédeo da que máis vos guste (así, se consigo o material suficiente, poderei montar un vídeo do conto como os que vemos moitas veces).

Aquí tedes o conto: O cabalo malhumorado.

 

E rematamos o día cunha festa de disfraces en Ciencias Sociais. Pero non é unha festa de disfraces calquera, ímonos vestir como se vestían os non avós ou bisavós. Que roupa usaban antes? Tedes que informarvos, chamádeos ou facédelles unha visita e mirade no seu armario ou no rocho, a ver se atopades a roupa adecuada para parecer unha auténtica persoa do século pasado (dos anos 1900 en diante).

 

En lugar disto, as actividades que podedes facer no libro son as seguintes:

 Matemáticas: páxina 138.

 Xuntos: ler as páxinas 36 e 37 e facer a 60 (do libro do terceiro trimestre).

 

Moi bo fin de semana!

 

 

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais