Iniciar sesión: Acceso

Traballo para o xoves 4 de xuño

Ola!

Outro xoves máis ensínovos as figuriñas de papiroflexia que fixestes a semana pasada, os enxames. Ao final este raposo vai enzoufarse con tanta mel.

 

Matemáticas: para ir baixando un pouco a carga de traballo, para hoxe en matemáticas propóñovos simplemente facer a figuriña de papiroplexia de David. Esta historia está chegando ao seu fin...  Que lle pasará hoxe ao raposo?

 

Lingua: Creamos o noso conto encadeado. Imos crear unha historia entre todos nun documento compartido. O conto xa o empecei eu cun dos comezos de onte, rematará con outro dos finais que escribistes, e ten que tratar sobre un cabalo malhumorado.

 Como é un conto conxunto, a persoa que escriba terá que continuar coa historia que escribiron os seus compañeiros. Por iso, para saber que escribir, temos que ler primeiro o que puxeron o resto. Pensade o que ides contar antes de escribir, sede creativos, e acordádevos de comezar con maiúscula e rematar con punto. Cada persoa que participe ten que escribir polo menos tres oracións.

O cabalo malhumorado

Ciencias Sociais: cando eu tiña a vosa idade, as noites de choiva de estrelas en verán, encantábame deitarme nunha hamaca fóra tapada cunha manta buscando estrelas fugaces. Unha das actividades que me gustaría ter feito este curso con vós sería visitar un planetario. Como non puido ser, hoxe imos coñecer un pouquiño máis sobre as estrelas e as constelacións (que son conxunto de estrelas unidas cunha liña imaxinaria que forman unha figura).

 ¿Por qué brillan las estrellas?

 ¿Por qué hay constelaciones?

 Como aprender a ver as constelacións

 

Igual este verán, se hai choiva de estrelas, podedes facer algunha vez o que facía eu de pequena. Ah! E non vos esquezades de pedir o voso desexo se vedes unha estrela fugaz (din que se cumpren). Mentres tanto, o que podemos facer é crear o noso propio catalexo (ou observador de constelacións).

Aquí tedes os pasos para facelo (non vos fai falta imprimir a plantilla, podédela copiar mirando pola pantalla. Tamén, podedes probar a meterlle unha lanterna pola noite para que pareza máis real.

 

En lugar de todas estas actividades podedes facer do libro o seguinte:

Matemáticas: páxinas 132 e 133

Xuntos: páxinas 18 e 19 

 

Ata mañá!

 

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais