Iniciar sesión: Acceso

Traballo para o mércores 3 de xuño

Ola!

Que tal estades? Xa me contaron que chegados a estas alturas do curso estades moi cansos... imos darlle un último empurronciño, traballastes un montón estes meses e xa soamente quedan dúas semanas para rematar. ÁNIMO!!

 Os traballos que vos ensino son os sons que gravastes para naturais, déixovos a ligazón na actividade de hoxe desa materia.

 

Matemáticas:

 Proposta 1: recordades cando inventarades os problemas ata a táboa do 4 e os gravarades en vídeo? Pois hoxe imos facer o mesmo, quero que vaiades ao voso lugar favorito e que alí vos inventedes un problema cos obxectos que vexades. Tense que resolver cunha multiplicación (podédelo facer de calquera táboa ata a do 9).

En lugar diso podedes repasar as táboas do 3 e do 4 no libro (páxs. 130 e 131).

 

Para Lengua propóñovos que me escribades cal é o voso xogo que máis vos gusta e como se xoga (en vez de escribilo podédesme gravar un audio ou un vídeo explicándomo e incluso facendo unha demostración se vos apetece).

 Se o preferides, podedes facer as páxinas 132 e 133 do libro.

 

Lingua: hoxe imos elaborar un listado con principios e finais de contos. O que tedes que facer e mirar nos libros que teñades na casa e buscar as fórmulas para comezar e rematar que empregan. Por exemplo: érase unha vez, colorín colorado…

 Ímolo facer nun documento compartido, e tédelo que ir lendo porque non podemos repetir os que xa estean postos, así cando fagamos os nosos xa saberemos como comezalos e rematalos. 

 Fórmulas para comezar e rematar contos

 

Ciencias da natureza. Traio dúas propostas de actividades en relación aos sons: 

  • A primeira é escoitar os sons que tedes aquí (que son os que gravaron o outro día os vosos compañeiros) e escribir de que credes que son. Tedes as correccións nunhas imaxes na carpeta.

  • A segunda e facer unha melodía con vasos de auga. É moi sinxelo, so precisades varios vasos, colocados un ao lado do outro, e enchelos con distinta cantidade de auga (o primeiro moi pouquiño, o seguinte un pouco máis, etc.) Logo solo temos que mollar o dedo e pasalo polo borde de cada vaso (por onde bebemos) ou coller unha culler e probar os diferentes sons. Veremos que canta menos auga teña soa máis agudo e canta máis, máis grave; isto pasa porque a auga absorbe as vibracións do cristal e por iso cambia o son. Aquí tedes un exemplo, co cal podedes aprender a tocar a canción do cumpleanos feliz.

En lugar destas actividades podedes ler a páxina 28 de xuntos e facer a 29 (do terceiro trimestre).

  

Nada máis por hoxe. Pasade un bo día.

 

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais