Iniciar sesión: Acceso

EDUCACIÓN FÍSICA (SEGUNDO) Mércores 3 de Xuño

   Bos días, hoxe imos a precisar a axuda de alguén para realizar os xogos, cantos mais sexades mais divertidos. Espero que vos gusten os xogos. Moito ánimo e a xogar!!!

·   A recolección. Obxectivo: Traballar a coordinación dinámica xeral.

Para este xogo precisaredes balóns, peluches, tapóns…calquera obxecto que poidades coller fácilmente, unha caixa e botellas ou botes baleiros. Se alguén pode realizar o xogo con vos será mais divertido, xa que se trata de transportar obxectos. Primeiro teredes que colocar as botellas ou botes en fila separados a certa distancia entre sí. No comezo da fila de botes colocamos os obxectos no chan e no final da fila a caixa. Trátase de coller un obxecto coa man e ir correndo entre as botellas ou botes facendo zig – zag entre elas para o chegar o final deixar o obxecto na caixa e voltar entre as botellas facendo zig – zag para coller outro obxecto e repetir a acción.

 

·     A cola do burro. Obxectivo: Mellorar a coordinación  dinámica xeral.

Para este xogo precisaredes que alguén xogue con vós, e como material dous ou mais panos. Colocaredes os panos na cinta do pantalón pola espalda, coma se fora unha cola e cando digades intentades roubarlle a cola ao compañeiro sen que éste vos roube a cola. Cantos mais sexades mais divertido será o xogo.

Si vos rouban a cola iredes a roubar as dos demais, recordade que mentres que se está colocando unha cola roubada non podedes ir a por ela.

 

Deixovos un pequeno laberinto, a ver se atopades o camiño que leva ao neno a portería, sorte!!!

LABERINTO: 

https://drive.google.com/file/d/1vVzBpS6yJPG8h7naZ_V3eAYRG7xDDdaw/view?usp=sharing

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais