Iniciar sesión: Acceso

Traballo para o martes 2 de xuño

Moi bo día!

Que tal estades? Santi e Pedro creo que están moi contentos porque a eles si que lles naceu a macela que plantaramos, mirade. 

                             

Lembrades que cando vimos as frases feitas vos pedín que fixerades un debuxo do seu significado literal? Aquí tedes as que fixestes, son moi graciosos.

 Como xa case todos teredes os materiais nas vosas casas, a partir de mañá en lugar de mandarvos fichas poñereivos as páxinas do libro para facer (así non tedes que imprimir). De todos modos, a quen non os teña aínda enviareillos por correo (ou se alguén estivera interesado en ter fichas que mo diga).

 Tamén avisarvos de que case a totalidade do material que vos estiven enviando ata o momento non era dos libros de texto que tedes, para que puiderades ter agora material novo para traballar ou repasar.

Matemáticas: repasemos os números!

 Proposta 1. Xogo manipulativo: Guerra de dados (imaxe do xogo)

Proposta 2. Ficha

Proposta 3. Actividades en Snappet

 

Lengua: onte empezamos a ver algúns dos xogos tradicionais de España. Se vistes o vídeo escoitariades que en moitos xogos (como a corda de saltar) se cantaban algunhas cancións. Aquí tedes dúas

 Canción pasemisí

 Canción A la zapatilla por detrás

  Coñecedes algunha outra dalgún xogo? Se é así podédesvos gravar cantándoa.

 

20 Canciones y retahilas para sortear juegos INFANTILES ...A toda esta especie de cancións chámaselle RETAHILAS, e son xogos de palabras coas que se acompañan algunha actividade: xogos, sorteos… Seguro que todos coñecedes a retahíla de “Pito pito gorgorito…” Pero hai moitas outras, como esta de Pinocho que tedes na imaxe.

 Explicación y actividades de retahílas

 Non tedes ningunha ficha de lengua para hoxe, a actividade que tedes que facer é revisar as de esta web que vos deixo a continuación e aprenderse algunha das retahílas.

Canciones y retahílas para sortear juegos

 

Ao longo do curso lemos no cole e lestes na casa un montón de historias. Rematamos as tarefas de hoxe comezando a repasar o conto dende Lingua.

 Opción 1. Ficha (lectura e preguntas de comprensión)

 Opción 2. Sei que algúns de vós xa tedes lido o conto de “Cocorico”, o que nos fixo Xulia polo día do libro, así que hoxe imos ver unha pequena película do conto. Cando rematedes o que tedes que facer é pensar noutro final para a historia e escribilo poñendo puntos, maiúsculas, signos de interrogación e exclamación se os hai, facendo BOA letra... (máis ou menos 4 ou 5 liñas).

 

 

No drive tedes as dúas fichas de hoxe, e tamén tedes actividades Snappet (para lengua esta semana deixareivos distintas actividades de repaso).

 

Ata mañá!

 

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais