Iniciar sesión: Acceso

EDUCACIÓN FÍSICA (TERCEIRO - CUARTO)

   Bos días. Para os xogos de hoxe imos precisar o pau dunha escoba. Espero que vos gusten as actividades. Moito ánimo e a xogar!!!

·    Sticks. Obxectivo: Traballar a coordinación óculo - pédica.

Para este xogo precisaredes o pau dunha escoba. Colocaredes o pau no chan, saltaremos dun lado ao outro do pau con pés xuntos, a pata coxa…Logo tentaredes coller o pau e levántalo algo do chan collendoo cos dous pés, ¿sodes capaces?

Se dispoñedes dunha pelota intentaredes pasar a pelota dun lado ao outro do pau  levantándoa cos pés, logo intentaredes suxeitar a pelota cos dous pés e saltar dun lado ao outro do pau coa pelota entre os pés.

 

·  Xogamos ao hockey. Obxectivos: Practicar as conduccións e lanzamentos.

                                     Traballar a coordinación óculo – pédica.

Para este xogo precisaredes o pau da escoba coa escoba e unha pelota pequena. Intentaredes conducir a pelota coa escoba polo espazo, controlándoa para que non escape moi lonxe. Cando a teñades controlada podedes colocar dúas botellas ou botes a modo de portería e intentar meter a pelota entre eles (a distancia entre as botellas ou botes debe ser pequena).

Se alguén pode xogar con vos, podedes facer o xogo de intentar roubarbos a pelota entre vós, facer pases, facer de porterías humanas (un coa pelota intenta meter a pelota entre as pernas do compañeiro, sempre colocados a certa distancia para que sexa algo mais complicado)…e recordade que sempre podedes inventar xogos vós, seguro que se vos ocorre algún divertido.  

 

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais