Iniciar sesión: Acceso

Traballo para o luns 1 de xuño

Boas chicos e chicas!

Que tal de fin de semana? Pasástelo ben?

Imos empezar o mes de xuño vendo un vídeo que vos vai encantar. O venres o profe David máis eu recibimos unha sorpresa, resulta que Diego se inventou unha figura de papel e gravouse facéndoa para ensinarnos os pasos que hai que seguir. Non sei eu se lle teremos que dicir que nos empece a facer el os tutoriais de papiroflexia... Podédesvos animar a facer a súa serpe e incluso, se vos apetece, podédesvos inventar vós algunha figura tamén. Eu poñereime esta tarde tamén, a ver se me sae!

 Serpe

Empezamos co traballo para hoxe. En matemáticas toca ver a táboa do 9, e case podemos dicir que é a última porque a do 10 xa vola preguntara e vin que a sabiades todos.

 Táboa do 9

 Truco táboa do 9. Este truco sen dúbida é o que máis me gusta de todas as táboas, é realmente útil e parece un xogo.

 Xogos táboa do 9

 

Queredes coñecer como era o pasado en España? Toca semana de xogos en lengua. Imos ver cales eran os xogos favoritos en España no pasado, seguro que nós tamén xogamos a algúns dos que xogaban os nosos bisavós ou tataravós e, seguro que imos descubrir un montón dirvertidísimos ao longo destes días.

 Proposta 1 Comprensión escrita. Ficha de lectura con comprensión lectora

 Proposta 2 Comprensión oral. Mira este vídeo e, a continuación, responde as seguintes preguntas.

  

  1. ¿En dónde se jugaba, en casa o en la calle?

  2. ¿De qué material se hacían las canicas al principio? ¿De qué material son ahora?

  3. En el juego de canicas que explica el chico en el vídeo, ¿qué tenías que hacer para quedarte con la canica de tu contrincante?

  4. En el juego de las chapas, ¿qué pasaba si la chapa se salía de las líneas?

  5. En el vídeo nos dicen que uno de los juegos tradicionales era el trompo. Viendo la foto, ¿conoces qué otro nombre recibe ese juguete?

  6. En el último juego, el equipo que estaba debajo tenía que aguantar sin carse. Tenían que contar hasta un número, ¿hasta cuál?

 

Arts. Imos facer unha actividade con tin foil coa que coñeceremos un pouco máis de África (neste caso de Exipto).

 

Tedes actividades en Snappet e aquí as fichas.

Antes de despedirme, lembrarvos aque aquí tedes materiais que deixastes na clase para que poñades de quen son (quen non o fixo xa).

Obxectos

Documento 

Cando veñades a recoller o material, podedes traer a carta que lle fixestes a Anna, e lembrádevos de traer os libros da biblioteca máis a mochila viaxeira.

 

Boa tarde!

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais