"Xogo Libre e Acompañamento no Xogo"

Enviado por admin o Mar, 22/11/2022 - 07:20

Prezadas familias:

 

Xa temos preparada a nosa seguinte ENAPA:

 

"Xogo Libre e Acompañamento no Xogo"

 

Será o próximo luns 28 de novembro de 2022de 17:30 a 19h.

Correrá a cargo de Aida Lorti, educadora e coach de familia, e Marta López, educadora social e asesora de materiais educativos.

 

Na charla trataremos aspectos básicos sobre:

- Períodos evolutivos do xogo,

- Tipos de Xogo,

- Papel dx adultx,

- Materiais de xogo.

 

 

Como xa comentamos o relatorio se realizará de xeito presencial, na aula de Enapas, a cal se accede pola porta esquerda do colexio e está no andar cuarto.

Este ano non precisamos inscrición para poder asistir ao relatorio, a entrada será libre ata 40 persoas.

 

Tamén haberá un servizo de ludoteca que terá un custo de 4€ por peque e pagarase en efectivo á persoa que este na ludoteca, de precisar este servizo haberá que enviar un correo ao email da ANPA:

anpa.ceip.valle.inclan.vigo@gmail.com

 

Agardamos vervos o luns día 28 de novembro.

AdxuntoTamaño
ENAPA_novembro.pdf2.75 MB