Charla aberta - Concello de Oleiros

O próximo venres, 6 de abril, ás 19:30 h, no auditorio da Fábrica, haberá unha charla aberta dirixida ás familias titulada: Redes sociais e adolescencia. Qué está pasando??

O contido desta charla non é de ciberseguridade na rede como outras similares que se organizaron e se están a impartir polos centros educativos, está enfocada aos comportamentos e as relacións que manteñen os rapaces e as rapazas nesa idade tan importante da vida como é a adolescencia, na que configuran a súa personalidade e identidade, así como as súas crenzas.

As redes sociais están a xogar un papel moi importante, posiblemente sexa un dos elementos de socialización mais importantes para eles e elas hoxe en día, polo que as familias debemos coñecer de cerca que hai detrás, que esta a pasar nas relacións que manteñen a través deses canais, como inflúen na súa vida, no seu desenvolvemento, nas relacións entre iguais e coa súa familia.

Pensamos que esta charla aberta pode acercarnos a coñecer mais de cerca unha realidade da que non somos conscientes ou descoñecemos gran parte dela. Para iso imos contar coa presenza de dúas especialistas nesta materia, Virginia Pañeda e Sara Vierna, educadoras especialistas en redes sociais, xénero, intelixencia emocional e coaching educativo, que nos acercarán á realidade que están a vivir as nosas fillas e os nosos fillos nestes momentos nas redes.

Unha charla dirixida ás familias de nenos e nenas en idade da adolescencia pero tamén das etapas anteriores, debemos ter información para prever moitos dos problemas que poden chegar no futuro. Hoxe en día gran parte do alumnado dos cursos de primaria xa é usuario e usuaria de redes sociais e teñen teléfonos móbiles, polo que a información é a mellor forma de prevención.

Agardamos que sexa do voso interés!! 

Concellería de Servizos Sociais e Sanidade

 

AdxuntoTamaño
CARTEL REDES SOCIAIS.jpg23.46 KB

Back to top