Casting TV-Inclán

    

Achégase un dos momentos máis emocionantes do ano no noso colexio: o casting para elixir aos novos presentadores e presentadoras do noso telexornal escolar!

Como cada ano, buscamos a mozos e mozas entusiastas, con ganas de comunicar, divertirse e aprender a ser a cara visible do noso programa de noticias escolares. Os presentadores anteriores xa se graduaron e nos deixaron un gran legado, pero agora é a túa oportunidade de brillar!

Gustaríache ser ti quen informe a toda a escola das noticias máis importantes, curiosas e felices?

Proximamente anunciaremos a data e o lugar do casting, así que está atento ás novidades. Prepara o teu mellor sorriso, a túa enerxía e as túas ganas de contar historias, porque esta pode ser a túa gran oportunidade.

Esperámosche para que xuntos e xuntas fagamos deste ano o mellor telexornal escolar de todos!

  • O equipo de TV Inclán