Revista BIOTOPO

Revista de saúde, medioambiente, ecoloxía, natureza, igualdade, Paz...

  • Por que Biotopo?

Biotopo foi un colectivo que fundaron nen@s nos anos 80 en Oleiros.

Desde 1983 a 1993, Biotopo editou boletíns, convocou asembleas, organizou excursións por Galicia e por Europa, loitou contra as mareas negras, contra as nucleares ou en defensa dos lobos...

A pegada desta asociación ecoloxista segue viva e a súa continuidade está asegurada porque esta xeración Biotopo deulle o relevo @s sú@s fill@s.

Dende o CEIP VALLE INCLÁN queremos contribuír a aquela escola de convivencia ambiental e de valores publicando periodicamente unha revista que recolla as nosas inquedanzas, artigos escritos polo alumnado sobre temas que lles interesan ou preocupan, actividades e saídas realizadas ...

Esta revista foi realizada cos traballos do alumnado que agora remata 6º . Grazas a todos e todas!

Back to top