Orden do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar

O prazo de presentación de solicitudes vai desde o 19 de maio ata o 22 de xuño de 2022.

O alumnado de 6º de Educación Primaria que pasa a 1º da ESO deberá presentar a solicitude no IES onde estea admitido para o vindeiro curso 2022-2023.

Poderá presentarse na secretaría do centro en horario de 9:15 a 13:30h, así como os luns en horario de 16:00 a 18:00h previa cita chamando ao colexio (881960324). A documentación a presentar é a seguinte:

  • Unha única solicitude por familia (ANEXO I e II) incluíndo todos os fillos e fillas matriculados no Centro.
  • Documentación necesaria para xustificar o alegado na solicitude (orixinal e fotocopia): Libro de familia ou documento equivalente. En caso de separación ou divorcio, sentencia xudicial ou convenio regulador.

DATAS IMPORTANTES:

  • Publicación listaxes provisionais: 28 de xuño.
  • Reclamación ás listaxes provisionais : 29 e 30 de xuño.
  • Publicación listaxes definitivas: 5 de xullo.

Enlace para acceder a aplicación

Se queredes consultar o texto completo da normativa, podedes facelo nos enlaces que están a continuación:

   

Back to top