COMEZO DO PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021-2022

Estimadas familias,

A partires do día 1 de marzo de 2021 ábrese o prazo para a solicitude de admisión de alumnado para o curso 2021-2022.

Esta convocatoria vai dirixida a alumnado de 2º ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato que se incorpora ao sistema ou que cambie de centro docente

O alumnado que continúa estudos no centro onde está matriculado ten garantida a súa permanencia nel e, polo tanto, non precisa dun novo procedemento de admisión.

Solicitudes

Distínguese:

·         Reserva de praza: Alumnado que cambia de etapa (Educación Infantil a Educación Primaria, Educación Primaria a Educación Secundaria Obrigatoria,...) e desexa continuar estudos no centro de adscrición. Este alumnado ten prioridade respecto do que non procede de centro adscrito.

Solicitude: Formulario ED550A

·         Ordinaria: Alumnado que se incorpora ao sistema educativo, cambia de centro e cando as solicitudes de reserva sexan superiores ás prazas dispoñibles

Solicitude: Formulario ED550B

·         Extraordinaria: Escolarización unha vez iniciado o curso por traslado de domicilio, situacións derivadas de acoso escolar, violencia de xénero e outros supostos

Solicitude: Modelo facilitado en cada Xefatura Territorial

 Prazo e lugares de presentación

  • Reserva de praza: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de cada ano. A solicitude preferiblemente cubrirase na aplicación admisionalumnado e presentarase en Sede Electrónica ou, de forma presencial, no centro de orixe do alumnado
  • Admisión: do 1 ao 22 de marzo, ambos incluídos. A solicitude preferiblemente cubrirase na aplicación admisionalumnado e presentarase en Sede Electrónica ou, de forma presencial, no centro escollido en primeiro lugar.

No caso da reserva ou da admisión, cando o último día do prazo sexa non lectivo prorrogarase ata o primeiro día lectivo inmediato seguinte. A solicitude poderá entregarse en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, empregando o formulario normalizado

  • Extraordinario: aberto durante todo o curso académico, presentando nas dependencias das Xefaturas Territoriais.

  

Documentación

  • Copia do DNI da persoa solicitantes e dos membros da unidade familiar (cando non autorice a súa consulta)
  • Copia do libro de familia
  • Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo

Toda a información relativa ao CENTRO atópase no bloque de SECRETARÍA-> MATRÍCULA.

Tamén tedes unha visita virtual e información sobre os servizos no bloque da esquerda e da ANPA.

AS PRESENTACIÓNS FEITAS NO CENTRO SERÁN PREVIA CITA NO  TFNO  881 960 324 DE 09:30h A 13:30h E NO EMAIL : citaprevia@ceipvalleinclan.org

Back to top