Curso 2024-2025

 

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

SOLICITUDE ORDINARIA DE ADMISIÓN PARA NOVO ALUMNADO: do 1 ao 20 de marzo de 2024, ambos incluídos.

  • Lexislación, instrucións e información sobre o proceso de Admisión de Alumnado:

                  

    

Mapa áreas de influencia dos Centros de Oleiros

  • Vacantes: publicaranse antes do 1 de marzo de 2024.
  • Listaxes de solicitudes admitidas ou pendentes de baremación: 21 de marzo.  As listaxes estarán EXPOSTAS no taboleiro de anuncios diante da secretaría do centro.
  • Presentación de documentación xustificativa dos criterios do baremo: do 21 de marzo ao 5 de abril.
  • Relación provisional de admitidos e non admitidos: 25 de abril de 2024. A consulta das listaxes poderáse facer presencialmente no taboleiro de anuncios diante da secretaría do centro ou por vía electrónica a través da aplicación informática AdmisionAlumnado (sendo necesario, neste caso, Chave365 ou certificado dixital).
  • De conformidade no disposto no artigo 35.2 da Orde de 21 de outubro de 2022, poderase formular reclamación da listaxe provisional de admitidos e non admitidos no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o consello escolar. Estas reclamacións entenderanse estimadas ou desestimadas coa publicación da listaxe definitiva.
  • Relación definitiva de admitidos: 15 de maio de 2024. A consulta das listaxes poderáse facer presencialmente no taboleiro de anuncios diante da secretaría do centro ou por vía electrónica a través da aplicación informática AdmisionAlumnado (sendo necesario, neste caso, Chave365 ou certificado dixital).
  • Impugnación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido. De conformidade no disposto no artigo 36 da Orde de 21 de outubro de 2022, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia de educación, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. A resolución da persoa titular da xefatura territorial porá fin á vía administrativa; na notificación desta resolución á persoa interesada deberá indicarse expresamente que contra esta cabe interpor recurso potestativo de reposición ou recurso contencioso-administrativo, o órgano competente e o prazo para a súa interposición.
  • Formalización de matrícula: do 20 ao 30 de xuño de 2024.

 Esta información irase actualizando segundo se vaian abrindo procesos e prazos.

Back to top