Esquema de temas
-
CURSO 2022/2023
Benvid@s ao noso espazo virtual!
Preme na imaxe para acceder ao noso catálogo
ENQUISA BIBLIOTECA
Accede a enquisa, premendo no seguinte enlace -
LETRAS GALEGAS 2022
Para conmemorar o Día das letras galegas que este ano se lle adica a Florencio Delgado, a nosa compañeira do equipo Fátima elaborou esta actividade en liña para coñecelo un pouco mellor
-
8 de MARZO: DÍA DA MULLER
Esta semana, Charli quere convidarvos a celebrar o 8 de Marzo, coñecendo a algunhas mulleres que fixeron historia loitando pola defenda dos dereitos das mulleres.
Como? XOGANDO! Coñecedes o famoso xogo Wordle?
Trátase de adiviñar unha palabra de 5 letras nun máximo de 6 intentos. No caso de que as letras sexan erróneas aparecerán de cor gris, indicando que non están na palabra que buscamos. No caso de que sexan amarelas, significa que a letra está nalgún lado, pero noutra posición. Pola contra, se aparece en verde quere dicir que acertastes de pleno coa letra e coa posición.
Como no xogo orixinal, só haberá un Wordle por día durante esta semana. Atrevédesvos a xogar? Estade atento todos os días, xa que ademais dun novo Wordle, aparecerá a solución do día anterior. -
WORDLE DO LUNS 7 DE MARZO
PISTA: Nome dunha pintora mexicana que logrou superar unha enfermidade e un grave accidente, converténdose en exemplo de loita e valentía.
PREME NA IMAXE PARA XOGAR.
-
"ELAS CRÍAN QUE O PODÍAN FACER E...FIXÉRONO"
8M na BIBLIOVALLE
-
DÍA DA PAZ
Xogo de pistas: DE QUEN FALAMOS?
Ola de novo amigas e amigos! Para conmemorar o día da Paz, propóñovos un xogo. Animádesvos a participar?
O xogo consiste en adiviñar a identidade dun personaxe misterioso relacionado coa Paz e o coidado do medio ambiente; que é o tema que estamos a traballar este curso dende a biblioteca.
Cada día da semana poñerei por aquí unha pista, deberedes investigar e anotar as vosas respostas. A ver cantos conseguides averiguar quen é a persoa misteriosa?
O luns 31 publicarei aquí a súa identidade, xunto con máis información, canción, xogos... e mesmo poida que haxa algunha que outra sorpresa...
-
Luns, 24 de xaneiro
QUEN SERÁ, SERÁ...?
1ªPISTA:
Foi unha persoa que loitou polo medio ambiente.
-
Martes, 25 de xaneiro
QUEN SERÁ, SERÁ...?
2ªPISTA:
Estudou na Universidade a carreira de Bioloxía.
-
Mércores, 26 de xaneiro
QUEN SERÁ, SERÁ...?
3ªPISTA:
Recibiu o Premio Nobel da Paz
-
Xoves, 27 de xaneiro
QUEN SERÁ, SERÁ...?
4ªPISTA:
Naceu en Nyeri
-
Venres, 28 de xaneiro
QUEN SERÁ, SERÁ...?
5ªPISTA:
Foi a principal artífice do Movemento Cinturón Verde, centrado na reforestación.
Xa sabedes quen é...? Queredes saber quen é?
-
O PERSONAXE MISTERIOSO É...
WANGARI MAATHAI
Wangari Maathai era unha muller ecoloxista pioneira en Kenia, activista, feminista e fundadora do movemento Cinturón Verde. Coñecida como “Mama Titi” (Mamá das árbores) gañou o Premio Nobel da Paz en 2004.
Wangari vivía rodeada de árbores. Cando medra, comeza unha masiva deforestación e Wangari teme que pronto todo o bosque sexa destruído. Decide sementar nove arboliños e iniciar unha acción ecoloxista en favor da reforestación, o Movemento do Cinto Verde, chegando a ser responsable da plantación de máis de 30 millóns de árbores en todo o país e de mellorar a calidade de vida das mulleres.
Grazas Wangari!
-
-
1º RETO: 0 RESIDUOS NO PATIO DO RECREO
Durante este mes, tentaremos manter o noso patio de recreo limpiño e sen lixo. Buscaremos maneiras para reducir, reciclar ou reutilizar os envoltorios das vosas merendas. Ademais anotaremos todas as ideas que vaian xurdindo e botaremolas nun buzón que estará na biblioteca. Con todas elas, faremos un "Decálogo de Recreos 0 Residuos " que nos axudará a manter ben limpiño o noso patio.
Ademais dos libros que chegarán a cada aula, a continuación tedes varios recursos que seguro que nos axudan na encomenda deste mes.
-
Selección de sitios web onde se poden atopar lecturas para todos os gustos, idades e niveis.
-
Páxina que ofrece contos curtos para ler ou para ver e escoitar en youtube.
PARA NENAS E NENOS DE 5 A 9 ANOS.
Acompáñanse dunhas divertidas CORONAFICHAS.
-
Plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas.
-
Obras da literatura galega que se poden ler, escoitar ou ver.
-
Dentro do portal educativo de AULAS GALEGAS, atopamos esta sección de LECTURAS COMPARTIDAS con diferentes e interesantes propostas de lectura, videocontos, actividades, informacións, etc.
-