Actividades
SAÍDAS 6º PRIMARIA
Enviado por paula o Mér, 20/06/2018 - 14:57Durante estes dous últimos meses o alumnado de 6º de Educación Primaria participou en varias actividades. Aquí vos deixamos unha mostra de dúas delas.
A visita ao Eroski, onde coñeceron o funcionamento do supermercado.
Un paseo polo Mandeo na Diana Cazadora, onde puideron descubrir a riqueza natural que agocha o noso río.
ADORNOS FLORAIS
Enviado por paula o Xov, 14/06/2018 - 06:52Os nenos e nenas de 1º de Primaria aprendemos a facer adornos florais con Josefina. Pinchade no enlace para ver o obradoiro.
http://ahortademero.blogspot.com/2018/06/aprendemos-crear-con-flores.html
CONVIENCIA PRIMARIA
Enviado por paula o Mar, 12/06/2018 - 13:50Da man do Principiño, dalgúns dos profes de Primaria e do alumnado de !º de Educación Primaria, os nenos e nenas de 6º de Infantil e das unitarias de Areas, Viñas, Ois e Coirós coñeceron o cole de Primaria.
SEGUIMOS APRENDENDO SOBRE A IDADE MEDIA
Enviado por paula o Lun, 04/06/2018 - 16:54Nenos e nenas de 1º Educación Primaria fumos de excursión á Fortaleza de San Paio de Narla e ao Mosteiro de Sobrado dos Monxes para seguir aprendendo cousas sobre a Idade Media.
CIEC
Enviado por paula o Mar, 22/05/2018 - 15:42Nenos e nenas de 6º de Educación Primaria visitaron as instalacións do CIEC. Aprenderon a utilizar unha das técnicas artísticas que alí empregan. Nesta ocasión, primeiro fixeron un debuxo nunha placa metálica coa axuda dun punzón. Despois pasaron o seu traballo por unha prensa con tinta onde quedou estampado o seu debuxo nun papel groso.
CIEC on PhotoPeach
OBRADOIRO DE PANDEIRETAS
Enviado por paula o Mar, 22/05/2018 - 15:25A semana pasada remataron os obradoiros de pandeiretas, tanto de iniciación coma de perfeccionamento. Aproveitando a véspera do día das Letras Galegas celebramos un mini concerto durante o recreo. Moitas grazas a todos e todas por participar, esperámosvos o curso que ven!
Se queredes ver e escoitar as cancións non dubidedes en pasarvos polo blogue ValesMusical.
XOGOS POPULARES
Enviado por infantil o Mar, 22/05/2018 - 12:09Co motivo das Letras Galegas tivemos unha sesión de xogos populares a cargo da asociación XANDOBELA.
GANDARIO . CORPOS E FORZAS DE SEGURIDADE DO ESTADO
Enviado por infantil o Lun, 21/05/2018 - 15:54O día 10 de maio os nen@s de infantil foron a Gandarío visitar unha exposición dos corpos e forzas de seguridade do Estado.
I CONGRESO "Aliméntate ben"
Enviado por marisa o Ven, 18/05/2018 - 18:32O 3 e 4 de maio celebrouse o I Congreso Aliméntate ben no pazo de congresos de Santiago de Compostela. Unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en cooperación coa Consellería de Sanidade, coa Consellería do Mar, coa Consellería de Medio Rural e a Escola Galega de Consumo, e en colaboración con Sogama e a USC.
O día 3 de maio o noso proxecto, xunto con outros nove centros de infantil e primaria, foi seleccionado para participar e contar o que facemos entre todos/as no cole.
A experiencia foi marabillosa. Gustounos moito poder contarlle a compañeiros e compañeiras doutros centros, autoridades, e a quen pasara polo noso stand o proxecto de "Almorzos con xeito" que comezamos este ano en primaria, para continuar o bo labor que xa está instalado en Infantil.
Que o noso traballo sexa considerado para recibir un accesit ao mellor proxecto de infantil e primaria danos folgos para seguir traballando nesta liña. Esperemos que esta iniciativa continúe e teñamos a posibilidade de acudir ao II Congreso o vindeiro ano.
PARABÉNS PARA TOD@S!!!!!
ALDEA NOVA
Enviado por paula o Ven, 18/05/2018 - 04:45Nenos e nenas de 2º de Educación Primaria foron de excursión a Aldea Nova. Alí aprenderon a coidar as plantas, os animais e fixeron diferentes obradoiros, como a elaboración de candeas. Aquí tedes unha mostra do ben que o pasaron!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »