Festas e Celebracións no colexio
Merengue pola Paz
Submitted by infantil on Mar, 10/02/2015 - 22:05
Despois de traballar o conto de "Roque, o Carteiro" celebramos o día da Paz comendo e bailando merengue.
Agradecemos a colaboración da Panificadora Betanzos e a cesión da música por parte da Orquesta Charleston Big Band "Merengue Rosalía".
Clica na imaxe para ver as fotos e no e no enlace para ver o baile do alumnado de Primaria.
O alumado de primaria canta aos de infantil
Submitted by infantil on Lun, 22/12/2014 - 15:03Cancións con crebacabezas para o Día da Paz
CANCIÓNS CON CREBACABEZAS PARA O DÏA DA PAZ. Resólveos mentres escoitas as cancións. Clic sobre rectángulo para ampliar.Clic sobre altofalante para apagar o son.
Despedida da festa do nadal no colexio
E agora xa toca despedida de todos os nenos de infantil deste cole e dos nenos das escolas unitarias de Coirós e Ois. Grazas a todos e felicitacións polo traballo que fixeron.
MAGOSTO 2010
MAGOSTO 2010: O venres, día 5 de novembro celebrouse no noso colexio un pequeno magosto. Previamente traballamos os temas dentro das aulas enfocando as actividades cara á recuperación de costumes populares que pouco a pouco se van perdendo. Os pequenos aprenderon cousas novas e disfrutaron da xornada.
UNHA RECEITA DE SAMAIN
Os alumnos e alumnas de 6º curso de Educación Infantil inician un TALLER DE COCIÑA elaborando un postre relacionado coa celebración do SAMAÍN. Nesta ocasión prepararon "Dedos de fantasma" e tamén se encargaron de comelos.
DÍA 8 DE MARZO
Os alumnos e alumnas de catro anos celebraron deste xeito o "DIA INTERNACIONAL DA MULLER"