BIBLIOTECA EDUCACIÓN INFANTIL
Esquema semanal
-
-
VENRES 8 NOVEMBRO 2024
OLA AMIGUIÑOS E AMIGUIÑAS!!!!
XA VIN QUE ESTES DÍAS ESTADES FACENDO UNHA ACTIVIDADE DE OUTONO CHULÍÍÍÍÍÍÍÍÍ...SIMA!!!
EU ATOPEI ESTE CONTO QUE VOS DEIXO HOXE, QUE SE TITULA "XAIME E AS LANDRAS", QUE FALA DUNHA ÁRBORE QUE TEMOS NO COLE, E QUE TEN UNS FROITOS COS QUE XOGASTES MOITO, A VER SI ADIVIÑADES COMO SE CHAMA A ÁRBORE E ONDE ESTÁ...
AGARDO QUE VOS GUSTE O CONTO. MOITOS BICOS!!!!!
-
OLA AMIGUIÑOS E AMIGUIÑAS!!!!
XA ME TARDABA VERVOS!!! DÉIXOVOS UN VÍDEO PARA PRESENTARME, PARA QUE OS NENOS E NENAS QUE CHEGARON ESTE ANO AO COLE ME COÑEZAN.
MOITAS APERTAS!!!!
-
VENRES 14 XUÑO 2024
OLA AMIGUIÑ@S!!!!
ESTÁ A REMATAR ESTE CURSO, E EU XA ESTOU VIAXANDO POLO MUNDO PARA TRAER NOVAS HISTORIAS PARA VÓS. LEMBRADES AS QUE VOS TROUXEN ESTE CURSO? CAL FOI A QUE MÁIS VOS GUSTOU? PODEDES VORVER A VELA!!!
QUERO DESPEDIRME DE TODOS E TODAS VÓS, E MOI ESPECIALMENTE DOS NENOS E NENAS QUE VAN PARA PRIMARIA. ALÍ TEÑO UN AMIGO, "O RATO LEO" QUE TEN UNHA MOREA DE CONTOS PARA TODOS VÓS!!
UNHA FORTE APERTA!!!
VÉMONOS O PRÓXIMO CURSO!!!!
-
VENRES 26 ABRIL 2024
OLA AMIGUIÑOS E AMIGUIÑAS!!!!!
PARA SEGUIR CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO, DEIXOVOS UN AGASALLO PARA QUE FAGADES NA VOSA CLASE. ESPERO QUE VOS GUSTE!!!
PODEDES PEDIRLLE Á VOSA PROFE QUE VOS LEA O VOSO LIBRO FAVORITO.
UNHA APERTA!!!!
-
23 ABRIL 2024 ¡¡¡¡FELIZ DÍA DO LIBRO!!!!!
OLA AMIGUIÑOS E AMIGUIÑAS!!!
ESTA SEMANA E A VINDEIRA IMOS CELEBRAR O DÍA DO LIBRO. PARA MIN É UNHA DATA MOOOOOI ESPECIAL, PORQUE XA SABEDES QUE ME ENCANTAN OS LIBROS E ADEMÁIS ESTE ANO ESTADES A TRABALLAR O CONTO DE GARAVANCIÑO, OS TRES PORQUIÑOS E BRANCANEVES... CANTO ESTADES A APRENDER!!!!!
IDE COA VOSA PROFE Á BIBLIOTECA PORQUE ALÍ DEIXEI UNHAS ACTIVIDADES QUE ESPERO QUE VOS GUSTEN MOITO....
UNHA FORTE APERTA DA FADA MARIÑA!!!!
-
VENRES 1 MARZO 2024
OLA AMIGUIÑOS E AMIGUIÑAS!
O CONTO QUE VOS DEIXO HOXE TITÚLASE "EL PAÍS DE LAS PULGAS". A PULGA GORDA VAI CELEBRAR O SEU ANIVERSARIO E VAI INVITAR A TODAS AS PULGAS QUE VIVEN NO COLCHÓN, PERO..... NON SE COÑECEN... E VAI LEVAR UNHA SORPRESA GRANDE CANDO VEXA QUE TODAS SON DIFERENTES...
AGARDO QUE VOS GUSTE!!!!
-
VENRES 23 FEBREIRO 2024
OLA AMIGUIÑOS E AMIGUIÑAS!
HOXE CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, QUE FOI UNHA ESCRITORA GALEGA MOI IMPORTANTE.
PARA QUE A COÑEZADES MELLOR, DÉIXOVOS UN VÍDEO QUE FALA DA SÚA VIDA DESDE QUE NACEU. E TAMÉN VOS DEIXO UNHA CANCIÓN QUE LLE ADICARON.
AGARDO QUE VOS GUSTE UN MONTÓN!!! UNHA APERTAAAA!!!
-
VENRES 26 XANEIRO 2024
OLA AMIGUIÑOS E AMIGUIÑAS!
O DÍA 30 IMOS CELEBRAR O DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ, POR ISO DEIXO POR AQUÍ UN CONTO QUE FALA SOBRE PAZ. PERO.... QUÉ É A PAZ?, VÓS SABEDES O QUE SIGNIFICA?.... NESTE LIBRO APARECEN UN MONTÓN DE COUSAS, DE SITUACIÓNS E DE FEITOS QUE SON "PAZ".
DESPOIS DE ESCOITAR O VÍDEO, SABERÁS DECIR QUÉ É PARA TI A PAZ?
BIQUIÑOS DA FADA MARIÑA!!!
-
VENRES 12 XANEIRO 2024
OLA AMIGUIÑOS E AMIGUIÑAS!!! CANTO TEMPO SIN SABER DE VÓS....
HOXE COMEZA VENRES DE HISTORIAS!! A PARTIR DE AGORA CADA VENRES DEIXAREI UNHA BONITA HISTORIA PARA VÓS.
A DE HOXE CHÁMASE "EL COPO DE NIEVE" E CONTA A HISTORIA DUNHA FOLERPA DE NEVE E UNHA NENA QUE BUSCAN O SEU LUGAR ESPECIAL NO MUNDO.
AGARDO QUE VOS GUSTE MOITO!!!!
UNHA APERTA DA FADA MARIÑA!
-
VENRES 9 XUÑO 2023
OLA AMIGUIÑ@S!!!!
XA CASI CHEGAMOS AO FINAL DESTE CURSO, EU XA ANDO VIAXANDO POLO MUNDO NA PROCURA DE MOITOS CONTOS PARA VÓS.
DE TODOS OS QUE VOS DEIXEI ESTE CURSO, CAL FOI O QUE MÁIS VOS GUSTOU? PODEDES VOLVER A VELO.
VÉMONOS NO PRÓXIMO CURSO!!!!
AOS NENOS E NENAS QUE VAN PARA PRIMARIA, QUÉROLLES DICIR QUE ALÍ TEÑO UN GRAN AMIGO, O RATO LEO, QUE LLES VAI LEVAR UN MONTÓN DE CONTOS.....
UNHA APERTA MOOOOOOOI FORTE PARA TOD@S!!!!!!!!!!!!!
-
VENRES 21 ABRIL 2023
OLA AMIGUIÑ@S!!! ESTE DOMINGO, 23 DE ABRIL, CELÉBRASE O DÍA DO LIBRO
E É O DÍA QUE MAIS ME GUSTA DO MUNDO!!!!!! POR QUÉ SERÁ....
O CONTO DE HOXE CHÁMASE "LA MONTAÑA DE LIBROS MÁS ALTA DEL MUNDO",
E CONTA QUE A TRAVÉS DOS LIBROS PODEMOS VOAR A DONDE QUEIRAMOS,
TAN SÓ COA NOSA IMAXINACIÓN.
-
VENRES 24 MARZO 2023
OLA AMIGUIÑ@S!!!
O LUNS COMEZOU UNHA NOVA ESTACIÓN: A PRIMAVERA, AS ÁRBORES VOLVEN A TER FOLLAS E FLORES, OS PAXAROS E AS BOLBORETAS VOAN POLOS PRADOS....
O CONTO QUE VOS DEIXO HOXE FALA DUNHA ÁRBORE SOLITARIA QUE MEDRA NUNHA ESCOLA. AO PRINCIPIO A ÁRBORE ERA DELGADUCHA, COAS POLAS MOI FINAS, E CUNHAS POUCAS FOLLAS SECAS, UN NENO ACHEGOUSE E ACARIÑOU O SEU TRONCO, E A PARTIRES DE AHÍ....
-
VENRES 17 MARZO 2023
OLA AMIGUIÑ@S!!!
AQUI TEDES UN NOVO CONTO PARA VÓS: LA COLECCIONISTA DE PALABRAS
LUNA É UNHA NENA QUE COLECCIONA PALABRAS, SÓ AS MAIS BONITAS, E DASE CONTA QUE AS PALABRAS BELAS, MAGNÍFICAS E DIVERTIDAS ESTÁN DESAPARECENDO DO MUNDO. TEN QUE FACER ALGO PARA QUE ESTO NON OCURRA...
-
VENRES 10 MARZO 2023
OLA AMIGUIÑ@S!! O 8 DE MARZO CELEBRAMOS O DÍA DA MULLER, POR ISO VOS DEIXO O CONTO DE MARUXA, QUE É UNHA MULLER QUE ESTÁ FARTA DE FACER SEMPRE O TRABALLO DA CASA, E CONSEGUE QUE O SEU MARIDO SE DEA CONTA E CAMBIE DE ACTITUDE.
DEIXOVOS TAMÉN UNHA CANTIGA SOBRE O CONTO E UN VÍDEO DO MESMO CONTO CONTADO DOUTRO XEITO... http://www.crtvg.es/infantil/programas/nos-tamen-creamos-2019/categoria-3-ceip-poeta-avelino-diaz
A VER SE VOS GUSTA!!!
-
VENRES 10 FEBREIRO 2023
OLA AMIGUIÑ@S!!!
O CONTO QUE VOS TRAIO HOXE TITÚLASE "AS CHAVES DOS SOÑOS".
TRATA DUNHA NENA QUE, CUNHAS CHAVES ESPECIAIS, CADA NOITE ABRE UNHA PORTA QUE A LEVA A UN SOÑO DIFERENTE, E QUE FARÁ QUE CADA NOITE SEXA ESPECIAL....
E AS TÚAS CHAVES, QUE SOÑO ABRIRÁN?
AGARDO QUE VOS GUSTE!!!
UNHA FORTE APERTA!!!
-
VENRES 27 XANEIRO 2023
OLA AMIGUIÑ@S!!!
ESTE MARTES, 24 DE XANEIRO, CELEBROUSE O "DÍA DA EDUCACIÓN", POR ISO VOS DEIXO ESTE CONTO QUE FALA DOS DIFERENTES CAMIÑOS QUE PERCORREN OS NENOS E AS NENAS DE DIVERSOS PAÍSES PARA IR Á ESCOLA.
E TI..... CÓMO VES Á ESCOLA? EN AUTOBÚS? EN COCHE? CAMIÑANDO? EN CABALO? EN BARCA?.......
-
VENRES, 18 NOVEMBRO
Ola amiguiñ@s!!
Este domingo, 20 de novembro, celébrase o Día internacional dos dereitos dos nenos e nenas. Ese é un día mooooi especial!!!!!
Vós sabedes que tedes dereitos? Sabedes cáles son? Ímolos coñecer neste vídeo que vos deixo hoxe. FELIZ DÍA!!!!
Unha forte aperta da Fada Mariña!!!
-
VENRES, 11 NOVEMBRO
Ola amiguiñ@s:
Que ben o pasastes estes días cos xogos do Magosto, verdade? Entereime que este curso ides aprender moitas cousas sobre os animais...Pois eu teño moitos contos de animaliños, un dos meus favoritos é COCORICO!!!!!
Cal é o conto de animais que máis vos gusta a vós?
Unha aperta moi grande, a FADA MARIÑA.
-
VENRES, 6 MAIO
Ola amiguiñ@s, canto tempo sen saber de vós, xa me dixeron as vosas profes que o pasado venres tivestes unha carreira moiiii importante. Seguro que o pasastes en grande, como me gustan a min as CARREIRAS SOLIDARIAS!!!!!!
Hoxe déixovos un conto moi bonitiñoo. Agardo que vos guste e vémonos o próximo venres. Un saudiño, A FADA MARIÑA.
DESAYUNO DE PRIMAVERA
-
VENRES, 22 ABRIL
Ola amiguiñ@s, xa estamos de volta das vacacións, espero que as desfrutárades moito!!!!!!
Mañá, sábado, é o DÍA DO LIBRO, que mellor maneira de celebralo que deixarvos un conto moiii chulo, que de seguro vos vai gustar. Xa tod@s coñecedes o que me gustan a min os libros e contos... tanto coma a vós.
Unha aperta moi grande, a FADA MARIÑA.
EL GRÚFALO
-
VENRES, 25 MARZO
Ola amiguiñ@s, que tal o pasastes no Aquarium da Coruña?, imaxino que xenial. Para os que non puideron ir, seguro que as vosas profes vos levarán noutra ocasión. Creo que o personaxe do conto de hoxe ten un curmán nese acuario, chámase Gastón, de que peixe estou a falar? SIIIIIIIIIII, ..... dunha quenlla. o conto chámase ...
A VELLA QUENLLA PERDEU OS DENTES
-
VENRES, 11 MARZO
Ola amiguiñ@s, xa me dixeron as vosas mestras que esta semana estivestes a facer actividades sobre O DÍA INTENACIONAL DA MULLER, todas e todos somos iguais e temos os mesmos dereitos e obrigas.
Agora para pasar un ratiño entretido, aquí vos deixo un conto no que veremos divertidas aventuras que lle ocorren a certas princesasssss..... Unha aperta grande, a vosa amiga A FADA MARIÑA.
LAS PRINCESAS TAMBIÉN SE TIRAN PEDOS
-
VENRES, 25 FEBREIRO
Ola amiguiñ@s, esta semana é especial, verdade? Xa vin algunhas fotos de todos os mandados que vos mandou o MECO, que simpatic@s e guapísim@s estades. Alégrome moito de que estedes a desfrutrar do ENTROIDO .
Hoxe propóñovos un divertido vídeo dos Bolechas para rematar esta semana tan tola........ e xa sabedes que para a que vén celebremos o ENTROIDO PEQUENOOOOOOO!!!!! Unha aperta moi grande, A FADA MARIÑA.
OS BOLECHAS VAN DE ENTROIDO
-
VENRES 4 FEBREIRO
Ola amiguiñ@s, hoxe teño un conto para vós no que o protagonista é un animaliño que xa coñecedes doutras aventuras.
A ver si con esta pista adiviñades de que animal estou a falar, CAMBIA DE COR SEGÚN A OCASIÓN...
Agardo que vos guste , xa me contaredes....Unha aperta moi forte e ata a próxima semana. A FADA MARIÑA
SIMÓN CORAZÓN DE CAMALEÓN
-
VENRES 28 XANEIRO
Ola amiguiñ@s, como vos dixeron as vosas mestras , o Domingo, día 30 de Xaneiro, celébrase o DÍA DA PAZ, encantaríame estar ahí con vós para celebralo, pero estou moi ocupada buscando contiños para os VENRES DE HISTORIAS.
De seguro, estades a facer cousas moi interesantes no voso cole, estou desexando facervos unha visita e poder ver todos os vosos traballiños. De momento, deixo aquí un conto para que desfrutedes na compañía dos vos@s compañeir@s. Unha aperta moi grande, A FADA MARIÑA.
EL ÁRBOL DEL MUNDO
-
VENRES 14 XANEIRO
Ola amiguiñ@s, cantos días sen saber de vós, xa estamos no novo ano, o 2022!!! Agardo de todo corazón que vos atopedes tod@s ben. Por certo, que tal se portaron os meus amigos, OS REIS MAGOS? Deixáronvos moitos agasallos? E algo de carbón, jejejeje?
Déixovos aquí un contiño para que o desfrutedes, xa me contaredes se vos gustou. Un abrazo moi grande. A Fada Mariña.
EL DRAGÓN DE AGUAZUL
-
VENRES 17 DECEMBRO
Ola amiguiñ@s, rematamos xa o primeiro trimestre, levades os vosos traballiños dos Venres de Historias para a casa, QUE CHULOSSS VOS QUEDARON, VERDADE!!!!!!!
Podedes facer un repaso de todos os contiños que aquí vos deixei ao longo destes meses e .... Por que non elexides o que máis vos gustou e o deixades plasmado nunha bonita estrela de Nadal????
Felices Vacacións e lembrade .....HAI QUE CONTAR UN CONTO CADA DÍA!!!!!!
Unha aperta e vémonos á volta.
-
VENRES 3 DECEMBRO
Ola amiguiñ@s, mañá día 3 de Decembro, celebramos o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE, xa sabedes que no "VALES" TOD@S PODEMOS.
Desfrutade moito desta curtametraxe animada que aquí vos deixo, un bico e unha aperta moi grande. A FADA MARIÑA.
EL VALOR DE ACEPTARTE TAL COMO ERES
-
VENRES 26 NOVEMBRO
Ola amiguiñ@s, xa sei que onte celebrastes no cole o DÍA INTERNACIONAL EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO, pois eu atopei un conto moi chulooo que trata sobre este tema, a protagonista é unha ELEFANTA á que lle suceden cousas como... bueno mellor déixovos o contiño aquí e xa me contaredes se vos gustou. Unha aperta moi grande e ata o próximo venres.
A FADA MARIÑA
ROSA CARAMELO
-
VENRES 19 NOVEMBRO
Ola amiguiñ@s, non sei se sabedes que mañá sábado, dia 20 de Novembro, celébrase unha data moi importante , O DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DO NENO. De seguro que as vosas mestras vos van contar cousiñas moi interesantes sobre este tema, eu tamén quería aportarvos algo que espero o desfrutedes moito. XA ME CONTAREDES!!!!!!! Unha aperta moi grande e ata o próximo venres.
-
VENRES 12 NOVEMBRO
Ola amiguiñ@s, xa me contaron que hoxe celebrades no cole A FESTA DAS CASTAÑAS .
Creo que ides facer uns colares moi chulos , pois agardo que ás vosas castañas non lles pase o mesmo que á protagonista deste conto que vos traio eu. Xa me contaredes!!!!!
Unha aperta moi grande e desfrutade moito dos contiños da FADA MARIÑA.
A CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA
-
-
-