Esquema de temas

  • Retos


    • Material necesario: tres tapóns de botella de auga, refresco, etc e unha folla de papel.

      Consiste en intentar meter os tres tapóns dentro da folla de papel lanzando dende unha distancia dun metro máis ou menos.

    • Material necesario: catro libros, estoxos ou outros obxectos.


      O que hai que facer é cunha perna e en equilibrio sobre un pé, debedes tocar co pé que está en alto cada libro, comezando polo de diante, volver ao medio, e sen apoiar no chan, ir ao do lado, volver ao medio, tocar o de atrás, volver ao medio, e tocar o do outro lado. Facer o mesmo co outro pé. Se o facedes sen tocar o chan o reto está conseguido.

    • Neste reto debedes facer, polo menos cinco repeticións de cada exercicio. ¿Cantas abdominais eres capaz de facer?

    • Para realizar este reto soamente precisas unha caixa de cartón de zapatos e catro tapóns, ánimo!!

    • Para realizar este reto que é o número 1 soamente precisades tres tapóns e dous lápices, rotuladores ou algo semellante. Moita sorte

  • As árbores da nosa contorna

    • Esta actividade consiste en identificar as follas das árbores da nosa contorna.

      Son as que vimos na ruta de sendeirismo que fixemos polo Pasatempo.

      Agora, ¿poderedes identificar cada folla co seu nome?

      SALGUEIRO – FIGUEIRA – CARBALLO – BIDUEIRO – CASTIÑEIRO – MAGNOLIO – AMENEIRO – LIMOEIRO – NOGUEIRA – PLÁTANO.


  • Xogamos a saltar

    • O xogo da goma consiste en realizar unha serie de saltos rítmicos sobre unha cinta unida polos extremos.

      Dous nenos ou nenas póñense nos laterais coas pernas abertas de maneira que quede un espacio no medio para saltar. Entón, un ou varios neno ou nenas teñen que realizar uns saltos acompañados do ritmo de cancións, neste caso “Chicle americano”.

      O que perde pasa a poñerse na goma.

      Según se vaia pasando se pode subir a goma, primeiro nos nocellos, xeonllos, media perna, cadeira…


    • Saltar á corda é un exercicio moi completo, e ten moitos beneficios, entre os que están a mellora da coordinación e a boa saúde cardiovascular, é dicir, é moi bo para o noso corazón e para o corpo en xeral. Así pois é un dos exercicios máis completos que existen ¿sabías que saltar 10 minutos á corda equivalen a 30 minutos de carreira?

  • Roteiro polo río Mandeo e clube de piragüísmo

  • Tema 5

  • Tema 6

  • Tema 7

  • Tema 8

  • Tema 9

  • Tema 10