Desde a biblioteca propuxéronnos a actividade "Marcapáxinas pola Solidariedade" da ONG Save the Children na que o alumnado ilustrou 5 marcapáxinas nos que traballaron a súa creatividade xunto cos dereitos da infancia. Leváronos para a casa coa fin de levar a cabo unha "venda simbólica" dos mesmos a cambio de vontade.
Ao tratarse dunha actividade solidaria, toda a recadación obtida da "venda simbólica" dos marcapáxinas será doada íntegramente á mentada ONG aportando, así, a nosa axuda para garantir o dereito á educación dos nenos e das nenas vítimas de conflictos armados.