Atención ao público

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2024-2025

Entre o 15 de xaneiro e o 5 de febreiro de 2024, o alumnado que pretenda continuar estudos no IES da Illa de Arousa, ou o alumnado do CPR Sonrisas y Lágrimas que queira continuar estudos neste centro, deberá presentar no centro de orixe, ou a través da aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) o formulario ANEXO I .

 Os prazos máis salientables dos previstos na ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C) son:

 

  • Reserva de praza no centro de orixe: Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro.
  • Prazo para renunciar á praza reservada: 28 de febreiro.
  • Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo. Todo o alumnado incluido no ámbito de esta orde poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata 6 centros por orde de preferencia, e alegando os criterios de admisión que pretenda que se valoren. A solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar. Despois de presentar solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicando na casilla correspondente da nova solicitude que debe presentarse.
  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo, no caso de baremación: 10 días hábiles contados a partir dos dous días seguintes ao remate do prazo para presentar solicitudes de admisión.
  • Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas: Antes do 25 de abril.
  • Formalización da matrícula: Do 20 ao 30 de xuño.

 

Postos escolares ofertados para reserva de praza en 4º de  Educación Infantil (3 anos): 20

 

Powered by Drupal - Design by artinet