Actividades de centro

SAMAÍN

Está preto o Samaín e gustaríanos realizar unha vez mais unha exposición tanto de cabazas decoradas como de vasoiras de Samaín. 
 
 
Poderán traerse dende o vindeiro mércores día 23 de outubro. Como as cabazas estarán no cole moitos días, precisamos que  veñan únicamente decoradas por fora, que non se baleiren para que non podrezan.
Ademáis, o mércores seguinte (30 de outubro) os nenos e nenas poderán vir disfrazados coa temática de Samaín (bruxos/as, vampiros, cabazas, momias...) e compartiremos as merendas terroríficas que vos animades a preparar dende a casa.
Moitas grazas pola vosa colaboración
 

DÍA DE EUROPA

O alumnado de 5º de Educación Primaria foi o encargado de traballar a conmemoración do Día de Europa. 

 

7 DE ABRIL- DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

O alumnado de 3º de Educación Primaria encargouse de traballar a conmemoración do Día Mundial da Saúde baixo o lema "A MIÑA SAÚDE, O MEU DEREITO". 

Eles e elas enlaboraron unhas cartas para apoiar aos profesionais que traballan no secto da saúde.

Aquí temos unha mostra do seu traballo.

 

3 de decembro: Día da Discapacidade

O alumnado de segundo creou este vídeo dun dos contos que mellor explica o que é a discapacidade.

Esperamos que vos guste!

 

 

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR

O 15 de marzo é unha data sinalada xa que, no ano 1983 a ONU estableceu un decreto para a protección dos consumidores co obxectivo de recordar os dereitos que asisten a todas as persoas como usuarios e consumidores. Alumnos e alumnas do noso centro queren recordar os dereitos que nos amparan como consumidores a través do seguinte video:

 

 

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER

O alumnado de 4º elaborou unha exposición para conmemorar o 8M, sobre mulleres que melloran o mundo: científicas, pioneiras, precursoras, inventoras... que quedarán dispostas polos diferentes corrredores do noso centro.

 

Powered by Drupal - Design by artinet