Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro, o equipo de actividades complementarias e extraescolares concentrou a todo o CEIP Torre Illa no pavillón para manifestarse en contra da violencia de xénero. Coas nosas frases liberadoras, rompemos as cadeas que nos fan chorar.

Premendo na seguinte imaxe veredes un vídeo resumo dese día.

 

 

Día da Paz e Da Non Violencia

 O 30 de xaneiro conmemórase o Día Da Paz e Da Non Violencia. O alumnado de 2º encargouse de organizar unha gran "Choiva de Paz" na que participou todo o colexio. Enchemos os teitos de pingas de auga con mensaxes de paz e moita amizade.

 

DÍA DA CONSTITUCIÓN

Hoxe toca festexar o aniversario da Constitución. Os encargados de preparar esta conmemoración foron os alumn@s de sexto. Para facerlle entender aos compañeir@s que é a Constitución e por que celebramos esta data, pasaron polas aulas a contarnos un conto. Ademais na entrada do colexio, puxeron unha tarta ben grande coa palabra "parabéns" en diferentes idiomas para que cada clase puxera as 41 velas que cumpre este ano.

Aquí vos deixamos a foto.

Día da violencia de xénero

O pasado luns 25 de novembro quixemos facer un acto para amosar a nosa repulsa contra a violencia de xénero.

O acto consistiu en que o alumnado de cada clase leu unhas palabras que seguidamente colocaban nun panel. Nun lado aparecen todas aquelas que debemos evitar e, no outro, aquelas polas que debemos loitar.

Cantamos ademais a canción de Rozalén "La puerta violeta" signada por unha compañeira do cole chamada Carla.

 

Día dos dereitos dos nenos

O pasado mércores 20 de novembro conmemoramos o Día dos dereitos dos nenos e das nenas. O alumnado de Educación Infantil e 1º de EP foi o encargado de preparar dita celebración.

Para elo, fixeron unhas sineiras sobre as que o resto do alumnado e familias podían colgar os seus propios desexos.

Aquí tendes algunhas fotos.

 

 

 

Día da discapacidade

Aquí vos deixamos os vídeos que adaptaron os nenos e nenas de 2º para conmemorar o Día da Discapacidade (3 de decembro).

Esperamos que vos gusten.

 

 

 

 

 

O Mandadiño!

Se o xoves queredes vir elegantes,

poñede a gravata canto antes...

Va que si, Libria!

O Mandadiño!

Xa o di o refraneiro: "No todos los martes es Carnaval". Aínda que no Torre-Illa, mañá martes Libria propón ...

O Mandadiño!

Chega o Entroido! A ver que nos ten preparado Libria.

Estade conectados...

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet