2018-2019

Saída de 1º e 2º cancelada

Desafortunadamente, vémonos obrigados a CANCELAR a saída que 1º e 2º tiñan programada para ir mañá, xoves 6 de xuño, ao "Camping Fieitás" logo de que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional anunciase a suspensión das actividades ao aire libre por mor da alerta de nivel laranxa por refachos de vento.

Concerto de Pauliña

Co gallo da Semana das Letras Galegas, mañá sairemos ao auditorio do Concello para cantar e bailar con Pauliña!

Marcapáxinas Solidarios

Desde a biblioteca propuxéronnos a actividade "Marcapáxinas pola Solidariedade" da ONG Save the Children na que o alumnado ilustrou 5 marcapáxinas nos que traballaron a súa creatividade xunto cos dereitos da infancia. Leváronos para a casa coa fin de levar a cabo unha "venda simbólica" dos mesmos a cambio de vontade.

 

 

Ao tratarse dunha actividade solidaria, toda a recadación obtida da "venda simbólica" dos marcapáxinas será doada íntegramente á mentada ONG aportando, así, a nosa axuda para garantir o dereito á educación dos nenos e das nenas vítimas de conflictos armados.

Semana da Froita

01/04/2019 09:00
Europe/Madrid

Nas semanas do 1 ao 12 de abril teremos froita na escola.

O alumnado que o desexe poderá comer froita fresca nos recreos.

Rapaces e rapazas, animádevos a comela!

Día non Lectivo

18/03/2019 11:18
Europe/Madrid

martes 19 de marzo non haberá clase por ser festivo autonómico!!!

Carcamán TV xa ten un aniño!

Hoxe, hai un ano, a nosa canle saía en antena con reportaxes para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora.

Parabéns a Carcamán TV, que un ano despois segue a amosar o que fan as crianzas da nosa escola.

Non deixedes de visitala premendo no logo!

 

 

 

Anacos de Vida

 

 

 

 

ANACOS DE VIDA CHEGA A...

A ILLA DE AROUSA.

 

 

 

 

 

Anacos de Vida é un novo un programa pensado para toda a familia que se vai empezar a emitir na CRTVG esta primavera, e que está centrado nas pequenas e grandes historias que hai tralas fotografías antigas das familias galegas.

A CRTVG púxose en contacto con nós para participar neste novo formato. Os protagonistas do programa serán os nenos e as nenas de A Illa de Arousaque terán que investigar nas súas familias para contarnos, en menos dun minuto, as historias que se agochan tralas fotos antigas. Por iso, agradecemos moito a vosa colaboración, para que compartades con eles e elas as vosas historias e fotos antigas, e así poidan coñecer mellor a súas propias raíces familiares.

 

Lembrade que se queredes participar neste proxecto tedes de prazo ata o día 12 de marzo.

ANIMÁDEVOS!!

 

O Mandadiño!

Se o xoves queredes vir elegantes,

poñede a gravata canto antes...

Va que si, Libria!

Powered by Drupal - Design by artinet