1) Durante o horario escolar, non se permitirá a saída do recinto a ningún alumno/a desde que chegue o transporte escolar. (En caso de necesidade, solicitarase o permiso en Secretaría cubrindo un xustificante por parte dos pais/titores/persoa autorizada). 2) É importante ser puntuais nas entradas e respectar os horarios para un mellor funcionamento do centro. 3) É necesario xustificar as faltas de asistencia do alumnado por escrito. No caso de que as faltas sexan previsibles, agradeceríamos o aviso anticipado. 4) Comunicarase, coa maior brevidade posible, calquera cambio nos datos do alumnado. 5) Durante as horas lectivas non está permitido o acceso ao recinto escolar a persoas alleas ao centro. Non se permite aos pais a subida ás aulas. 6) Pola tarde, de 16h a 19h, só se pode entrar no recinto para asistir ás actividades extraescolares. 7) É obriga do alumnado coidar as instalacións e o material do centro usándoas de forma correcta. 8) Está prohibido o uso do teléfono móbil dentro do recinto escolar.
|