ANACOS DE VIDA CHEGA A...
A ILLA DE AROUSA.
Anacos de Vida é un novo un programa pensado para toda a familia que se vai empezar a emitir na CRTVG esta primavera, e que está centrado nas pequenas e grandes historias que hai tralas fotografías antigas das familias galegas.
A CRTVG púxose en contacto con nós para participar neste novo formato. Os protagonistas do programa serán os nenos e as nenas de A Illa de Arousa, que terán que investigar nas súas familias para contarnos, en menos dun minuto, as historias que se agochan tralas fotos antigas. Por iso, agradecemos moito a vosa colaboración, para que compartades con eles e elas as vosas historias e fotos antigas, e así poidan coñecer mellor a súas propias raíces familiares.
Lembrade que se queredes participar neste proxecto tedes de prazo ata o día 12 de marzo.
ANIMÁDEVOS!!