SAMAÍN
BENVIDA
Benvidas e benvidos á páxina web do CEIP Torre Illa ! Aquí podedes acceder a toda a información que precisedes do noso colexio. Grazas por visitarnos !!!
|
RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR DO CEIP TORRE ILLA
INFORMACIÓN DO PROCEDEMENTO DE ELECCIÓNS
Segundo a RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, procederase no próximo mes de novembro á renovación parcial do Consello Escolar (DECRETO 92/1988, do 28 de abril), establecendo o seguinte calendario para o proceso de renovación parcial dos diferentes sectores da comunidade educativa:
- 15 de outubro de 2024, ás 13:30 horas: Sorteo público para designar a Xunta Electoral, integrada polo director, un representante das familias, un representante do profesorado e un representante do Persoal de Administración e Servizos.
- 22 de outubro ás 13:30 horas: Constitución da Xunta Electoral.
- 23 de outubro: Publicación do censo electoral. O periodo de reclamación ao censo é de 7 días.
- Do 30 de outubro ao 11 de novembro: Presentación de candidaturas dos diferentes sectores.
- 19 de novembro: Votacións.
- 22 de novembro: Publicación dos candidatos elexidos.
- 26 de novembro de 2024: Constitución do novo Consello Escolar.
VÍDEO RESUMO DO PROXECTO BenestArt
RESOLUCIÓN DEFINITIVA AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR, LIBROS DE TEXTO E FONDO SOLIDARIO DE LIBROS
Publicada a resolución definitiva de axudas para material escolar, libros de texto e fondo solidario de libros. A listaxe pode consultarse co número de presentación na porta branca da rúa pombal ou no seguinte enlace: LISTAXE AXUDAS MATERIAL E FONDO LIBROS.
Os vales poden recollerse na secretaría do centro entre as 10:00 e as 13:30 horas, ata o vindeiro 19 de xullo ou en setembro.
AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR, LIBROS DE TEXTO E FONDO SOLIDARIO DE LIBROS
PRAZO: Entre o 21 de maio e o 21 de xuño de 2024.
PROCEDEMENTO: Poderán presentar solicitudes de participación do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa coa que conviva en acollemento familiar.
A solicitude será única para todos os fillos e fillas que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2024/25. No caso de presentación electrónica presentarase unha por cada beneficiario. Presentaranse preferiblemente por vía electrónica utilizando o formulario dispoñible tanto na sede electrónica coma na aplicación FONDOLIBROS.
Así mesmo, tamén poderase presentar na secretaría do CEIP Torre Illa, ou en calquera dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
DOCUMENTACIÓN: As persoas interesadas deberán achegar coa SOLICITUDE (anexo I) a seguinte documentación:
a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
En caso de separación ou divorcio, ademais, deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.
e) Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.
f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.
PREMIO NACIONAL BOAS PRÁCTICAS EN CENTROS DOCENTES
O Ministerio de Educación e Formación Profesional concedeu ao CEIP Torre Illa o premio nacional de «Boas Prácticas en centros docentes» grazas ao proxecto "Enredando coa pesca" levado a cabo no curso 2021-2022.
Fai clic para ler a nova do xornal:
Nas seguintes imaxes aparecen enlaces a páxinas web e blogs onde aparecen todos os traballos que se fixeron.
ENREDANDO COA PESCA
Web do Proxecto Anual do curso 2021/2022 "Enredando coa Pesca"
O colexio este ano está participando nos seguintes programas de innovación educativa: