Skip to Content

blogue deadmin

Separación

Aquí tedes algunhas orientacións para que os casos de separación dos proxenitores afecten o menos posible aos nenos e nenas.

Admisión de alumnado para o curso escolar 2021-2022

Dende o vindeiro luns 1 de marzo e ata o día 22 do mesmo mes está aberto o prazo para a solicitude de praza escolar para o vindeiro curso académico. O cumprimento do formulario realizarase preferentemente na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/.

  • Alumnado ao que afecta este prazo:

- Alumnado que comeza a súa escolarización.

- Alumnado de 6º de EP que continúe os seus estudos de educación secundaria nun centro diferente ao adscrito.

- Alumnado que solicite cambio de colexio.

  • Prazo de presentación das solicitudes: do 1 de marzo ao 22 de marzo
  • Portas abertas. Se desexades vir coñecer o colexio, podedes facelo solicitando cita no 886 11 02 71 e atenderémosvos de xeito personalizado. Aquí tedes un adianto -> https://www.youtube.com/watch?v=M-V1Haz9lZI
  • Presentación das solicitudes. Para presentar a solicitude deberá seguirse unha das opcións descritas a continuación.

- Preferentemente de xeito telemático na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado. É preciso ter certificado dixital ou Chave 365. As instrucións para cumprimentar están na propia páxina.

- Cubrir a solicitude telematicamente e presentala no noso colexio. As instrucións atópanse na páxina anteriormente citada: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado. É indispensable solicitar cita no teléfono 886 11 02 71 para a presentación da documentación. No caso de non poder presentarse a persoa solicitante, cubrirase o apartado "na súa representación".

- Cubrir a solicitude manualmente e presentala no noso colexio. Podedes descargar a solicitude (ver documento adxunto) ou solicitala ao correo electrónico do colexio (ceip.tiran@edu.xunta.gal) e vola enviaremos. É indispensable solicitar cita no teléfono 886 11 02 71 para a presentación da documentación. No caso de non poder presentarse a persoa solicitante, cubrirase o apartado "na súa representación".

Mandatos da Curuxa

Xa chega o Entroido! Aquí podedes ver os mandatos da curuxa.

Emprego de Whatsapp

Aquí tedes algúns consellos sobre o uso responsable de Whatsapp, aplicable a calquera outra app de mensaxería.

 

E o seguinte vídeo que podedes ver neste enlace

21 días en Galego

O luns 25 de xaneiro comeza a terceira edición da campaña 21 días en galego, que durará ata o 14 de febreiro. No documento adxunto poden ver a carta do Equipo de Dinamización da Lingua Galega sobre a campaña.

Charla IES Paralaia

Informamos ás familias de 6º de Educación Primaria que, o vindeiro xoves 28 de xaneiro ás 17.30 h, poderán acceder a unha videoconferencia para coñecer o funcionamento do IES Paralaia. Na mesma, que será a través da plataforma Webex, ofereceranlles un vídeo explicativo e a oportunidade de formular preguntas. Rógaselle que teñan a cámara encendida e o micro apagado. Poden formular as preguntas polo chat.

Deixámoslles o enlace da videoconferencia:

https://eduxunta.webex.com/eduxunta/j.php?MTID=mac71f54ccc70f6af68ad12ce3703af49

Admisión: reserva de praza en centros adscritos

Dende hoxe e ata o vindeiro 8 de febreiro está aberto o prazo para reservar praza nos centros adscritos. O cumprimento do formulario realizarase preferentemente na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/.

  • Alumnado ao que afecta este prazo:

- Alumnado de 6º de EP que continúe os seus estudos no curso 2021-2022 no IES A Paralaia.

- Alumnado de 6º de EI da EEI O Con que continúe os seus estudos de educación primaria no noso centro educativo.

       * O alumnado de 6º de EP que vaia continuar os seus estudos o vindeiro curso escolar noutro centro que non sexa o IES A Paralaia, debe esperar á apertura doutro prazo.

  • Prazo de presentación das solicitudes: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro
  • Presentación das solicitudes. Para presentar a solicitude deberá seguirse unha das opcións descritas a continuación.

- Preferentemente de xeito telemático na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado. É preciso ter certificado dixital ou Chave 365. As instrucións para cumprimentar están na propia páxina.

- Cubrir a solicitude telematicamente e presentala no noso colexio. As instrucións atópanse na páxina anteriormente citada: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado. É indispensable solicitar cita no teléfono 886 11 02 71 para a presentación da documentación. No caso de non poder presentarse a persoa solicitante, cubrirase o apartado "na súa representación".

- Cubrir a solicitude manualmente e presentala no noso colexio. Podedes descargar a solicitude (premer aquí) ou solicitala ao correo electrónico do colexio (ceip.tiran@edu.xunta.gal) e vola enviaremos. É indispensable solicitar cita no teléfono 886 11 02 71 para a presentación da documentación. No caso de non poder presentarse a persoa solicitante, cubrirase o apartado "na súa representación".

 

Axudas máscaras hixiénicas: procedemento

O venres 13 de novembro publicouse o procedemento polo cal serán distribuídas máscaras hixiénicas entre o alumnado de educacion primaria. Para ser beneficiaria ou beneficiario desta axuda, débese presentar o anexo I, anexo II e a copia do libro de familia.

Cómpre ter en conta que:

  • O prazo é do 16 ata o 27 de novembro.
  • A presentación das solicitudes será no propio colexio baixo CITA PREVIA.
  • O alumnado que recibiu a axuda de material escolar NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE, xa que de xeito autómatico se lle proporcionarán as máscaras.
  • A situación persoal e a composición da unidade familiar a ter en conta é a 31 de decembro de 2018.
  • A renda per cápita para a concesión da axuda debe ser igual ou inferior a 6.000 €.

 

Anexo I e II (descargar aquí)

Instrucións sobre o procedemento (descargar aquí)

Publicación no DOG (información extendida) (descargar aquí)

Comedor: menús de outubro

Para consultar os menús do mes de outubro, premer na seguinte ligazón (menús outubro)

Normas xerais en Educación Infantil

Publicación das normas xerais de Educación Infantil (pinchar aquí)

Distribuir contido


by Dr. Radut