Skip to Content

blogue deadmin

COMEZO DO CURSO ESCOLAR 2016/2017

O vindeiro luns 12 de setembro do 2016, dará comezo o novo curso escolar 2016/2017 no CEIP Plurilíngüe Tirán, como así establece a Orde do 7 de xuño de 2016, pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2016/17 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

As clases comezarán no seu horario habitual, de 9:30 a 14:30 horas. Tamén, dende o primeiro día de clase, estarán dispoñibles os servizos complementarios de comedor e transporte.

Recordade que o alumnado de 3 anos seguirá un horario diferenciado durante o período de adaptación (véxase aquí). A partires do luns 26 de setembro, ó finalizar dito período de adaptación, poderán facer uso do comedor e do transporte aqueles nenos/as de 3 anos que así o solicitasen e lles fose concedido.

 

Todo o claustro de mestres/as do CEIP Plurilíngüe de Tirán, dámosvos a benvida e desexamos que este novo curso escolar veña cargado de experiencias, convivencias, alegrias... e moita actividade física!!

Fondo Solidario de libros de texto (listaxe provisional)

Publícase a listaxe provisional de admitidos e de excluidos no fondo solidario de libros de texto!

Admitidos

Excluidos

 

Próxima reunión para os futuros pais e nais do novo alumnado de 3 anos

Convócase ás nais/pais das futuras alumnas/os de 3 anos á reunión inicial o vindeiro luns 27 de xuño do 2016, ás 11:00 horas, para tratar temas de interese de cara ó comezo do próximo curso.

 

Data:       luns, 27 de xuño do 2016

Hora:       11:00 horas

Lugar:      aula de 5 anos (xunto ó vestíbulo do edificio principal)

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR LIBROS DE TEXTO

Publicouse a Orde do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinados ao alumnado matriculado en educación primaria para o curso escolar 2016/2017.

O prazo para presentar as solicitudes abrangue dende o 19 de maio ata o 23 de xuño. Máis información e descarga de solicitudes na páxina web do cole, na secretaría do centro ou premendo aquí.

Tanto para solicitar as axudas como para acollerse ó fondo solidario, é obrigatorio devolver no centro os libros mercados con cargo ó vale e empregados no presente curso. Estes libros terán que ser entregados ó titor/a en bo estado o día 17 de xuño.

 

Para ler a Orde do 27 de abril de 2016, premer aquí.

Para descargar a solicitude, premer aquí.

Información e descarga da solicitude dende a sede electrónica da Xunta de Galicia. Premer aquí.

VIVINDO EN GALEGO

Hoxe xoves 19 de maio presentouse no concello de Moaña o vídeo "Vivindo en galego", audiovisual ideado polos equipos de dinamiza_ ción e normalización lingüística dos centros educativos do Morrazo e coa colaboración, entre outros, de toda a comunidade educativa e de persoas de todos os eidos culturais.

 Neste vídeo deféndese o emprego da lingua propia que é o galego.

 

Para visualizar o vídeo, pulsar aquí.

 

Cross de Tirán 2016

Este fin de semana, como cada ano, celebrouse no noso colexio o "Cross de Tirán" na súa 28ª edición.

Ainda que a choiva fixo acto de presencia, non desmereceu esta proba deportiva, organizada estupendamente pola nosa ANPA Madreboa.

Se queredes ler o artigo, só tendes que pulsar no seguinte enlace: http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2016/05/09/tiran-carrera-pese-amenaza-lluvia/1457404.html

Vindeiro evento, o XXVIII Cross escolar e popular de Tirán

O vindeiro domingo 8 de maio celebraremos o XXVIII Cross escolar e popular do CEIP Plurilíngüe de Tirán, organizado, un ano máis, pola ANPA Madreboa do centro e polos voluntarios/as que se acheguen a axudar.

Este ano, a maiores, aproveitarase esta celebración para levar a cabo unha campaña humanitaria de axuda ós refuxiados que consistirá na recollida de alimentos e materiais que se precisan para cubrir as súas necesidades básicas!

Contamos coa vosa axuda, coa vosa colaboración e coa vosa participación!

Esperamos que disfrutedes desta festa do deporte no Cross de Tirán!

 

O invernadoiro de Tirán

Un ano máis, levamos a cabo no centro o proxecto de Voz Natura no que, entre outras actividades, realizamos un pequeno horto escolar no INVERNADOIRO do colexio.

Durante o mes de abril, nas aulas do centro estivemos a facer os nosos propios semilleiros para, dentro duns días, pasalos ó invernadoiro e seguir alí cos coidados necesarios para ter a nosa plantación.

Se queredes seguir os nosos pasos, recordarvos que, nesta páxina web, nos blogues do cole está dispoñible "O Invernadoiro de Tirán".

DÍA DO LIBRO

Hoxe conmemoramos o "Día do Libro" no CEIP Plurilíngüe de Tirán.

Ademáis de traballar este aspecto durante toda a semana, durante a mesma tivemos un mercado solidario no que os nenos/as levaban un conto a cambio dun quilo de comida non perecedeira para doar ó banco de alimentos.

Hoxe despois do recreo levamos a cabo un contacontos un a un; é dicir, un neno/a lle contaba a outro neno/a un conto (e viceversa dependendo dos casos), e despois ámbolos dous xuntos elaboraban unha ficha do conto.

Feliz Día do LIBRO! 

The Tin Soldier

O pasado xoves acudimos ó Auditorio de Cangas para ver e participar dunha obra en inglés, "The Tin Soldier", que previamente se traballou no centro.

Pasámolo moi ben!

Se queredes saber máis, podedes visualizalo no blogue "English and Art".

Distribuir contido


by Dr. Radut