Skip to Content

blogue deadmin

Exposición da Prehistoria

Non vos perdades unha nova entrada no noso blogue "O Monte do Castro" onde vos recomendamos unha curiosa saída!

Xornada de Portas Abertas

O vindeiro mércores 7 de marzo de 2018 levarase a cabo a Xornada de Portas Abertas do noso centro, dende o cal vos convidamos a vir e coñecer máis de preto este espazo educativo, o alumnado e os mestres/as, así como todo o que aquí desenvolvemos día tras día.

Recordámosvos tamén que a solicitude de admisión no noso colexio abarca dende o 1 ao 20 de marzo.

Esperámosvos!!

Xornada de Portas Abertas

Día: mércores 7 de marzo

Hora: 16:30 horas

Lugar: Vestíbulo do CEIP Plurilingüe Tirán

 

E para que nos vaiades coñecendo un pouquiño máis, a continuación vos deixamos un vídeo titulado "Un día no cole de Tirán". Desexamos que vos guste!

Dobraxe na escola

O pasado martes, os alumnos de 3º de Educación Primaria disfrutaron dunha nova experiencia: a dobraxe na escola.

Normas da Curuteca

Aquí vos deixamos as "Normas da Curuteca" para que consultedes sempre que o necesitedes.

Para ver/descargar, premer aquí.

Menú de marzo

 

Xa están dispoñibles os menús para este mes de marzo (2018):

Menú

Menú sen glute

Menú sen proteína da leite de vaca (sen PLV) nin marisco

 

Admisión do alumnado -- Curso 2018/2019

Adxúntase información para o proceso de matrícula de cara ao vindeiro curso escolar 2018/2019

(premer nas imaxes para visualizar/descargar)

Novas da nosa Brigada Verde

Non vos perdades as novas para este venres día 23, organizadas pola Brigada Verde do noso colexio.

http://blogs.voznatura.es/omontedocastro/

 

Back to the Curuteca

Entroido 2018

Un curso escolar máis, celebramos o Entroido no noso colexio.

Este ano, ataviados con traxes castrexos, ferramentas e adornos, metémonos un pouco na vida destes antepasados que poblaron o noso "Monte dos Remedios" (antigo "Monte do Castro"), seguindo a liña do tema central para este curso escolar, vinculado tamén co proxecto de Voz Natura.

A celebración veu marcada pola xa tradicional merendola de todo o centro cos postres típicos desta festa, doces aportados por algunhas familias. A continuación, e dado que o tempo nolo permitiu, sustituímos a nosa "Milla Diaria" por un paseo-desfile polas rúas de Tirán, como de costume, co resto da comunidade educativa que nos quixo acompañar neste tempo de lecer.

Pasámolo moi ben!

Grazas por compartir este día connosco!

 

Podedes ver as fotos dos distintos grupos nunha nova entrada do noso blogue "O Monte do Castro"

Novidades Curuteca

 

Distribuir contido


by Dr. Radut