Actividades
Plan Proxecta – Christmas Cup
Enviado por Anónimo o Mar, 06/02/2018 - 16:43
Dentro da programación do Plan Proxecta – Proxectos Deportivos de Centro, realizouse unha competición deportiva de fútbol sala durante o mes de decembro denominada “Christmas Cup”. Participaron catro equipos do centro formados a partir dos principios de coeducación, igualdade, inclusión e non discriminación.
Os equipos participantes foron:
Romanexos
CD Goiriz
The Dragons
Athletic Club Sanxurxo
A competición celebrouse en dúas fases. Na primeira fase xogouse unha liguiña a unha volta e todos contra todos. A clasificación final de esta parte da competición foi a seguinte:
1º The Dragons
2º CD Goiriz
3º Athletic Club Sanxurxo
4º Romanexos
A segunda fase realizouse a partir dunha competición de copa na que se xogou un partido polo terceiro e cuarto posto e outro partido para coñecer o gañador da competición. O resultado final da competición foi o seguinte:
Campión: The Dragons
Subcampión: CD Goiriz
Terceiro posto: Athletic Club Sanxurxo
Cuarto posto: Romanexos
A partir do mes de febreiro realizaremos outra competición ligueira, chamada “End of the Winter League”.