PERIODO DE ADMISION (MATRICULA) CURSO 2024-2025
RADMISIÓN E MATRICULA DE ALUMNADO
CURSO 2024/2025
PRAZO ADMISION : 1-22 DE MARZO (alumnado que comeza 4º de infantil no curso 23/24 "3 anos", procedente de calquer lugar)
NORMATIVA:
DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación
- Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2066, do 3 de maio, de educación.
SOLICITUDE DE ADMISIÓN
4. Presentación da solicitude de admisión (para alumnado novo que non fixo a reserva, e para alumnado procedente doutros centros ou alumnado dos anteditos centros adscritos que non solicitaran a reserva no prazo indicado): 1-22 de marzo.
5.Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de houber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas): 23 de marzo ao 9 de abril, ambos os dous incluídos.
6. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.
7. Reclamacións ás listaxes provisionais: nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.
8. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.
ACLARACIÓN:
1º Que cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
2º. Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
3º. Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de ad‐ misión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN PARA ADMISIÓN:
A solicitude de admisión pode realizarse da seguinte forma:
1.De forma presencial no centro (TEÑEN A DOCUMENTACION NO FICHEIRO "solicitude ordinaria galego/castelán")
2.Online: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
-
Imprimir dito formulario e achegalo ao centro educativo no que se atopa matriculado o seu fillo ou filla. DEBE VIR ASINADO POR AMBOS PROXENITORES, INDEPENDENTEMENTE DA RELACIÓN FAMILIAR (casados, divorciados). artigo 25º.5 e 6 da Orde do 21 de outubro de 2022
-
Se dispoñen de certificado dixital ou chave 365, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación.
3ª FASE: MATRÍCULA
10. Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria: 20 de xuño - 30 de xuño.
- Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2066, do 3 de maio, de educación.
A formalización da matrícula pode realizarse da seguinte forma:
1.De forma presencial no centro
2.Online: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
-
Imprimir dito formulario e achegalo ao centro educativo no que se atopa matriculado o seu fillo ou filla.
-
DEBE VIR ASINADO POR AMBOS PROXENITORES, INDEPENDENTEMENTE DA RELACIÓN FAMILIAR (casados, divorciados). artigo 25º.5 e 6 da Orde do 21 de outubro de 2022
-
Se dispoñen de certificado dixital ou chave 365, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación.
AREAS DE INFLUENCIA.
Para saber as áreas de influencia do centro, comunicarse coa dirección do mesmo.
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS OFERTADOS POLO CENTRO
-TRANSPORTE ESCOLAR. PARADAS DENDE VILALBA CASCO URBAN:
-PARADA ESTACION AUTOBUSES
-PARADA RUA DA PRAVIA (CASA DA CULTURA)
-PARADA AVENIDA TERRA CHA (FARMACIA MARIN)
-COMEDOR ESCOLAR DE XESTIÓN DIRECTA. PRODUCTOS FRESCOS E COCIÑA PROPIA, ONDE SE ELABORAN DIARIAMENTE OS MENUS
-AS FAMILIAS QUE MATRICULEN OS SEUS FILL@S RESPECTARAN O PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO DE ACORDO Ó ART 5º DA ORDE DO 21 DE OUTUBRO DE 2022 QUE REGULA A ADMISION DO ALUMNADO
Adxunto | Tamaño |
---|---|
solicitude admision galego.pdf | 1.39 MB |
solicitude admision castelan.pdf | 1.4 MB |