ACTIVIDADE LETRAS GALEGAS.

“Desescalando a lingua”

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, dende a biblioteca proponse a actividade “Desescalando a Lingua”. Esta actividade consistirá en cada alumn@ elixa unha palabra, refrán ou frase feita que lle guste da lingua galega e a escriba nun folio acompañada ou non dun debuxo, se faga unha foto con ela (ou simplemente unha foto do folio) e a envíe ao colexio ou aos grupos de whatsapp, ou o 651010011 como nas anteriores actividades. O prazo remata o día 16 de maio ás 12 da noite. Con todas estas achegas farase unha montaxe ao longo do día 17 de maio e daráselle publicidade. Moitas grazas pola colaboración de antemán.

Un cordial saúdo. O Claustro.