MATRICULA CURSO 2018/2019: PERÍODO DE FORMALIZACIÓN DO 20 DE XUÑO O 2 DE XULLO.
10. Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria: 20 de xuño - 2 de xullo (por ser o 30 de xuño día inhábil). Anexo III da ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2o ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
A formalización da matrícula pode realizarse da seguinte forma:
1.De forma presencial no centro
2.Online: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
- Imprimir dito formulario e achegalo ao centro educativo no que se atopa matriculado o seu fillo ou filla.
- Se dispoñen de certificado dixital ou chave 365, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación.