DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
O 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente,
co obxectivo de sensibilizar á poboación mundial en relación a temas ambientais,
intensificando ademais a acción política.
O Día Mundial do Medio Ambiente require un esforzo global.
Por tanto, os esforzos céntranse en motivar ás persoas e comunidades para que se
convertan en axentes activosdo desenvolvemento sustentable
e no cambio de actitude cara a temas ambientais.
E por iso, convídase á xente para pensar na forma na que consomen.
Ás empresas para desenvolver modelos máis ecolóxicos.
Aos gobernos para protexer as zonas salvaxes.
Aos profesores, a educar en valores naturais.
Aos mozos para alzar a voz polo futuro do planeta.
Require de todos nós.
![](/centros/ceipsoutodonas/?q=system/files/u2/DIA%20DEL%20MEDIO%20AMBIENTE.jpg)
CLICA NA IMAXE PARA OBTER
MÁIS INFORMACIÓN
Propoñémosvos que entredes no caderno verde
para poder realizar unha serie de actividades en liña e descargables
sobre boas prácticas medioambientais.
![](/centros/ceipsoutodonas/?q=system/files/u2/cadernoverde.png)
CLICA NA IMAXE
Un saúdo e moito ánimo !
As titoras de 2º.