O xoves 10 de decembro as alumnas e alumnos de 3º e 4º nivel de Educación Primaria fixemos unha saída dirixida a visitar a ruta dos Muíños do Folón e do Picón. Esta fermosa ruta está situada no concello de O Rosal e amósanos como se aproveitaba a forza que traía a auga no curso alto dos ríos para mover as rodas dos muíños. Ademais de gozar dunha fermosísima paisaxe puidemos descubrir ao vivo diferentes contidos propios das áreas de Ciencias Sociais e Ciencias Naturais.
Agradecemos a colaboración da asociación ecolóxico-naturalista ANABAM pola súa particiàción no desenvolvemento da actividade. |