Estimadas familias:
A dirección da ANPA do CEIP Plurilingüe Souto Donas querémosvos dar a benvida neste curso escolar 2022-2023. Estes son os membros da ANPA:
Presidente: Xesús Míguez Clemente
Vicepresidenta: Samanta Torre Diego
Secretaria: Mónica Ramilo Méndez
Tesoureira: Leticia Arias Caride
Vogais: Ana Rouco Gonda, Andrea Estévez Glez., Eva Vázquez Dorado e Noelia Piñeiro Vázquez
Como sabedes, o curso pasado foi o noso primeiro ano como equipo. Para nós o balance foi positivo, pero sempre se pode mellorar. Aquí vai un resumo das actividades feitas e das propostas para o curso que entra:
Dende a ANPA intentamos, dentro das nosas posibilidades , mellorar os servizos e as instalacións do centro para tódolos peques do cole. O curso pasado retomamos a organización de Actividades Extraescolares e seguimos coa xestión da Aula Madruga.
Outras actividades que realizamos foi a entrega de regalos a cada clase no Nadal por parte do Apalpador, a colaboración na chocolatada, a entrega de orellas no Entriodo e de xeados na festa de Fin de Curso, así como a contratación da empresa Ludiland para levar a cabo esta festa. Así mesmo, a ANPA fixo unha aportación económica para a excursión de 6º
Tamén se fixeron varias aportacións para, da man do Equipo Directivo e o claustro, mellorar as instalación e o equipamento do cole. Algún exemplos son:
As novas mesas exteriores de madeira
A caseta exterior para a Blibioteca
As novas camisetas de deporte
Para este curso que comeza, xa sen as restriccións sanitarias dos tempos da pandemia, intentaremos celebrar ás festa de Nadal e Fin de curso como se viña facendo anteriormente para o disfrute de toda a Comunidade Educativa.
Ademáis, este ano mantemos a maioría Actividades Extraescolares e facemos alguna proposta nova. Tamén ofertamos un servicio de ludoteca polas tardes para colaborar coa conciliación familiar.
Para poder levar a cabo todas estas actividades e outras, consideramos necesaria unha maior implicación por parte das familias, tanto á hora de botar unha man nas propostas da ANPA (xa sabemos que sacar tempo para axudar non sempre resulta doado, pero merece a pena intentalo!) como na aportación económica. É por isto polo que decidimos que a cota será de 20€ anuais por familia.
O curso pasado o 57% das familias eran socias da ANPA e agardamos que ese número siga aumentando este curso. Non esquezades que todas as acción da ANPA son en beneficio de todo o alumnado do centro.
A comunicación da ANPA ca dirección do centro é moi fluída e positiva polo que calquera inquedanza, idea ou suxestión que teñades transmitiremola sen problema. Estaremos moi agradecidos de que vos poñades en contacto con nós a través dos seguintes medios:
No buzón da ANPA que se atopa na entrada principal do centro.
Correo electrónico: anpasoutodonas@gmail.com
Facebook: ANPA DONAS
Para rematar, agradecer a tódalas familias socias que ano tras ano confían na labor da ANPA e convidar ás que aínda non o son, e ás que inician este ano a súa andaina no colexio.
Feliz Curso 22-23! ANPA SOUTO DONAS
Exemplos en imaxes do realizado o curso pasado:
NO ADXUNTO ESTÁ A FICHA DE INSCRICIÓN PARA SER SOCIOS DA ANPA
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Ficha de socio ANPA 2022-23.pdf | 53.45 KB |