Estimadas familias: A Nova Dirección do ANPA do CEIP Plurilingüe Souto Donas querémosvos dar a benvida neste curso escolar 2021-2022. O primeiro, presentarnos:
• Presidente: Xesús Míguez Clemente
• Vicepresidenta: Samanta Torre Diego
• Secretaria: Mónica Ramilo Méndez
• Tesoureira: Leticia Arias Caride
• Vocais: Eva Vázquez Dorado Ana Rouco Gonda Noelia Piñeiro Vázquez
Ante todo e sendo conscientes do traballo que supón, dende esta nova ANPA, queremos dar as GRAZAS polo labor realizado e por estes anos de entrega desinteresada da Directiva da ANPA anterior. Como Directiva aceptamos o reto de comezar dende cero e partimos nesta aventura moi ilusionados e con desexos de seguir mellorando, así como con novos retos para alcanzar unha mellor EDUCACIÓN PARA TODOS E TODAS. Debemos ser conscientes de que as familias somos un membro máis da comunidade educativa, xunto cos propios alumnos e profesores e por este motivo, animámosvos a participar e colaborar facéndovos socios do ANPA, recalcando a importancia desta acción, xa que como asociación sen ánimo de lucro, a nosa principal fonte de ingresos é a cuota de socios e temos moi claro que cantas máis familias sexamos e maior sexa a participación, máis obxectivos poderemos conseguir. Xuntos podemos lograr moitas cousas para os nosos fillos e fillas: un claro exemplo deste traballo foi a renovación do patio coa colocación dos tipis, a parede musical ou a recente aportación económica para a posta do céspede artificial entre outros; a organización e celebración das festas tradicionais e a adquisición de novo material educativo. Unha das intencións deste curso é voltar a ofertar as actividades extraescolares das cales vos iremos informando, xestionar a aula madruga e renovar o carné de desconto para socios en establecementos adheridos do Val Miñor. Entre outras moitas funcións, parécenos fundamental establecer unha comunicación positiva entre familias e colexio, e como mediadores convidámosvos a aportar ideas, suxestións e inquedanzas.
Estaremos moi agradecidos de que vos poñades en contacto con nos a través dos seguintes medios:
✔ No buzón que se atopa na entrada principal do centro
✔ Teléfono: 675 948 901
✔ E-mail: anpasoutodonas@gmail.com
✔ Facebook: ANPA DONAS Para rematar, agradecer a todas as familias socias que ano tras ano confían no labor da ANPA e convidar ás que aínda non o son, e ás que inician este ano a súa andaina no colexio a formar parte desta gran familia.
E ti, a que esperas para ser socio?
AFÍLIATE!
PINCHA NA IMAXE PARA ACCEDER Á CARTA DA ANPA
PARA SER SOCIOS, AQUÍ PODEDES DESCARGAR A FICHA DE INSCRIPCIÓN. PINCHA NO ENLACE
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Ficha socio ANPA.pdf | 81.94 KB |
Carta de presentación completa.pdf | 992.28 KB |