Skip to Content

FERVENZA DE RÍO PEQUENO

O martes 16 de marzo as alumnas e alumnos de cuarto de Primaria fixemos unha visita á Fervenza de Río Pequeno. Foi unha andaina de preto de 8 km de ida e volta mais pagou a pena. Alí nos atopamos cun espazo natural precioso que cómpre coidar e respectar. Serviunos para traballar os diferentes cursos dun río e todo o relacionado co tema.

Animámosvos a seguir respectando estes espazos naturais que temos na nosa contorna. Xa que desfrutamos deles cando os visitamos debemos mantelos para que outras persoas poidan ter as mesmas sensacións. E sobre todo descubrimos que son espazos vivos, poboados por diferenes especies que precisan deles para sobrevivir.

Axudádenos a coidalos.

 

 

 



page | by Dr. Radut