Skip to Content

CREACIÓNS LITERARIAS DE 4º PRIMARIA

Desta volta o alumnado de CUARTO de PRIMARIA ofrécevos unha selección de MICRORRELATOS que esperamos vos gusten.

E comezan así...

 

 

UN DÍA NORMAL DE ISMA

 

Cando cheguei estaban pondo a mesa para cear, ao mesmo tempo miña nai chegou de

traballar. Eu fun o encargado de alimentar a miña cadela. Estiven dicindo aos meus

pais o que fixen durante o día , porque cando acabamos de cear preparei a miña cama

para deitarme, estiven falando co meu irmán Rubén que xa podía acabar esta

corentena,e ao mesmo tempo xa me quedei durmido.

 

 

                                                            Autor: Ismael Gameiro Guisande

 

A NOITE TERRORÍFICA

Cando cheguei estaban pondo a mesa para cear. Miña nai estaba a facer

hamburguesas con maionesa e para a miña irmá un ovo revolto. Sentámonos a cear ,

a miña irmá atragantouse co seu vaso de auga , miña nai asustouse moito

, levantoulle os brazos para arriba e púxose ben. Cando acabamos de cear fomos ver

unha película de zombis que inundaban o planeta Terra. De repente nunha escena case

o final dos zombis parecían que nos comían e empezamos a gritar. Oíuse un trono

desde moi lonxemoi forte e de repente chamaron a porta e saltamos de medo: era o

veciño.

 

                                                        JOSE ANGEL GOMEZ TRIGO 4º

 

 

UN ESPIRITU NA CASA

Cando cheguei estaban pondo a mesa para cear. Miña nai tiña preparada unha

tortilla de pataca. E o meu pai estaba a traballar no campo. Despois eu fixen

zumo de laranxa ,e puxémonos a cear . Todo estaba moi rico ata que de

repente empezou a chover . Xa non poidemos sair ainda que era de noite ,

pero non pasaba nada porque empezamos a xogar dentro da casa .Un rato

máis tarde apagáronse os plomos da luz , estabamos moi preocupados e

empezamos a ver sombras e voces. Descubrimos que non fora o vento ,que

era o meu padriño ríndose .

 

                                                                NOELIA GOMEZ TRIGO 4º

 

Amar a vida

 

Cando cheguei , estaban pondo a mesa para cear . Cando se rematara o confinamento

,a nosa familia faríamos unha cea. Tiña moitas gañas de mirar a miña familia e falar

con eles. Xogar con eles e xogar cos meus amigos ao futbol,facer surf e coller un

montón de ondas na Praia.

Gustaríame poder xogar màis dunha hora na rúa. Dinme conta,de que voto de menos

as apertas a miña avóa,padriño,madriña,etc…

Estas son as cousas polas que eu quero brindar. Xa queda pouco para poder festexar o

fin do confinamento.

 

                                                                                       YERIK 4º

 

 

O CENTRO TRES ANIVERSARIO DA MIÑA BISAVOA “FEFA”

 

Cando cheguei estaban pondo a mesa para cear. Estaba a miña familia para celebrar o

cento tres aniversario da miña bisavoa. De cea houbo a súa comida preferida que é o

cocido galego. De sobremesa tivemos biscoito que fixemos os bisnetos. Démoslle o

agasallo que era unha cadela pequeniña para que lle faga compañía. Ao día seguinte

ela fixo o noso almorzo, démoslle moitas apertas e falamos con ela sobre cando era

nena, contounos moitas cousas. Dixo que antes non había tanta tecnoloxía

comoagora, que a moeda era a peseta, a televisión non era a cor e non había tantos

coches.

 

                                                                         Yaiza Rodríguez Torres



page | by Dr. Radut